Meijón solicita que o Goberno facilite o traslado de Ence a outra ubicación

Meijón solicita que o Goberno facilite o traslado de Ence a outra ubicación

Meijón solicita que o Goberno facilite o traslado de Ence a outra ubicación

O deputado socialista por Pontevedra Guillermo Meijón presentou no Congreso diferentes iniciativas parlamentarias coas súas propostas respecto ao traslado de Ence-Lourizán, Pontevedra, e coas que solicita resposta do Goberno sobre os seus plans respecto á obriga legal da empresa de abandonar a súa actual situación en 2018, cando caduca a concesión dos terreos que ocupa.

Así, mediante Proposición non de Lei, Meijón solicita ao Goberno "que se implique en que Ence-Pontevedra cumpra coa obriga legal, ineludible, improrrogable e innegociable do seu traslado" e pídelle "que facilite o traslado da empresa a unha nova situación que permita unha consolidación ambiental e urbanística sostible, sempre dentro da bisbarra, e realizado no marco dun plan estratéxico que permita impulsar o emprego na bisbarra"

Así mesmo, Meijón preguntaralle a Cañete, a través de pregunta oral en Comisión, "en que medida afectarán as modificacións da Lei de Costas á obriga de traslado de ENCE-Lourizán" e "se o Goberno pensa colaborar coa Xunta de Galicia nas conversacións coa empresa para facilitar o traslado dentro da bisbarra e cunha estratexia que permita consolidar e incrementar os postos de traballo".

Ademais, o deputado socialista rexistrou diversas preguntas parlamentarias por escrito sobre

estas cuestións, nas que ademais pregunta "se se formula o ministro Arias Cañete permitir mediante a modificación da actual Lei de Costas a consolidación da factoría na súa actual localización".

Meijón destaca que "existe un acordo unánime de todas as forzas políticas tanto no Concello de Pontevedra como no Parlamento de Galicia acerca da necesidade de trasladar a factoría de ENCE-Lourizán dos terreos que actualmente ocupa na ría de Pontevedra".

Non obstante, indica que "por parte da empresa existe unha forte resistencia a aceptar a obrigatoriedade legal do traslado, mesmo parece intensificar unha estratexia para permanecer na súa actual situación, sendo as manifestacións do seu conselleiro delegado moi claras nese sentido,". "Unhas manifestacións que cobrarían aínda máis forza co anuncio de Arias Cañete de modificar a actual Lei de Costas e a posibilidade de modificar as condicións das actuais concesións".

Por iso, e dada a importancia da factoría para o emprego en Pontevedra e a súa área de influencia, considera que "o Goberno debe desempeñar un papel activo para que Ence-Lourizán cumpra coa obriga do traslado e para que o mesmo se realice dentro da bisbarra a un ámbito sostible e nunhas condicións que non só non supoña perda de postos de traballo senón o seu incremento"

"Tanto o Presidente Rajoy coma a Ministra Pastor teñen neste asunto unha boa ocasión para facer gala, con feitos e non con declaracións, da súa condición de pontevedreses". Mentres, sinala que espero que a presentación desta batería de iniciativas no Congreso, que inclúen pregunta oral ao Ministro Cañete, sirvan para que o Goberno responda sen ambigüidades que medidas adoptará"

zp8497586rq

32641281A

Pechar