Meijón reclama que se instaure novamente a gratuidade de libros de texto

Meijón reclama que se instaure novamente a gratuidade de libros de texto

Meijón reclama que se instaure novamente a gratuidade de libros de texto

O deputado do Grupo Socialista, Guillermo Meijon anunciou que rexistrou unha proposición na reclama á Xunta que instaure novamente o Programa de Gratuidade Universal dos Libros de Texto baseado no Préstamo.

O portavoz de educación argumenta, na iniciativa rexistrada, que cada día que pasa semella máis evidente a fatalidade que para a sociedade galega en xeral e, nomeadamente, para a comunidade educativa representou a decisión do actual presidente da Xunta de Galicia de eliminar o Programa de Gratuidade de Libros de Texto en centros sostidos con fondos públicos baseado no Préstamo implementado en toda a educación obrigatoria polo Goberno anterior presidido por Emilio Pérez Touriño.

Denuncia que o sistema implantado polo Goberno de Feijoo non só resulta máis custoso para o erario público, senón que ademais só contempla a axuda máxima para 4 de cada 10 alumnos e alumnas. E advirte que “quedan fora do dereito á suposta gratuidade 6 de cada 10 alumnos e alumnas”.

Sinala tamén que o recurso á crise económica que aduce o Goberno de Feijoo “non ten soporte argumental plausible xa que o actual sistema resulta máis custoso que o anterior”. Ademais replica que “en épocas de crise é cando a administración debe dispor de máis axudas nunha área vital para o desenvolvemento do noso país como é a educación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar