Meijón reclama á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares administrados por Anpas e concellos

Meijón reclama á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares administrados por Anpas e concellos

Meijón reclama á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares administrados por Anpas e concellos

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, reclamou á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares actualmente administrados polas Anpas e concellos. Así o dixo no Pleno do Parlamento que hoxe debateu unha Proposición non de Lei socialista que será votada mañá.

Meijón solicitou á Xunta que asuma progresivamente a xestión destes 103 comedores que atenden a 10.000 alumnos en toda Galicia e que son mantidos “grazas aos esforzos das ANPAs e no seu caso dos concellos”. Reclamou así que a Xunta “inicie o camiño para liberar a estas entidades e rematar cunha situación que mantén os comedores en función do voluntarismo e o esforzo de nais e pais”.

Recordou que, como as propias nais e pais reclaman, non se está a pedir que a Xunta asuma o pago da alimentación dos nenos e nenas, senón que, como centros públicos, sexa a administración pública quen asuma a xestión destes comedores. Solicitou tamén un calendario temporal que determine “de forma xusta, clara e explícita cal vai ser a orde de prelación” para que a Xunta asuma esta xestión de xeito gradual.

O responsable socialista amosou “moitas dúbidas” sobre o compromiso do PP logo de que a portavoz de educación na pasada lexislatura, López Besteiro, solicitara que a Xunta asumira esta xestión e o programa electoral “semella indicar, de forma pouco esplícita, que optan por esta cuestión”. Sen embargo, reclamou que clarifiquen “qué vana facer coa proposta do seu candidato de Santiago, que solicitaba de forma rotunda que o Concello asumira a xestión”.

Desmantelar o Estado do Benestar

Meijón advertiu que o PP está “aproveitando a crise económica para desmantelar o Estado do Benestar” xa que a súa xestión, malia deixar sen executar 77 millóns de euros en Educación en 2009 e 2010, reducen as axudas ás ANPAs nun 35 por cento, producen un “avance cero” no Pacto Local e o delegado da Xunta na Coruña fala de copago “de forma ignorante pero ameazante”.

Engadiu as negativas do conselleiro de Educación a asumir a xestión destes comedores e a aumentar as prazas mentres reducen un 50 por cento as partidas para FP, negan as bolsas para parados e fillos de parados e reducen un 26 por cento as bolsas de universitarios.

Explicou que o goberno socialista no seu día priorizou o incremento de comedores e prazas, incrementando un 33 por cento as prazas de comedores escolares, pasando de 45.000 a 60.000 entre 2005 e 2009, cun incremento do orzamento de mais do 50 por cento, ademais de habilitar sendas partidas por un millón de euros para apoiar ás ANPAs na súa xestión dos comedores e para os concellos, o que foi “o mellor aval para contar co apoio da comunidade educativa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar