Meijón reclama á Xunta bolsas para estudantes fillos de pais en paro

Meijón reclama á Xunta bolsas para estudantes fillos de pais en paro

Meijón reclama á Xunta bolsas para estudantes fillos de pais en paro

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Guillermo Meijón, reclamou á Xunta que estableza un programa específico de subvencións ou bolsas de estudos para fillos de pais en paro. Meijón solicita estas axudas a través dunha serie de proposicións non de Lei, nas que tamén pide axudas para vivenda en aluguer e bolsas de desprazamento para estudantes de FP.

Meijón reclama á Xunta unha “resposta proactiva cara aos sectores da sociedade máis desfavorecidos” e que garanta así “que ningún mozo ou moza con proxenitores desempregados deba abandonar os seus estudos”. Sinala que a Consellería de Educación “debe asegurar en todo momento que a nosa taxa de abandono escolar non se incremente”.

Lembra a situación de sectores da mocidade galega que “pode atoparse coa imposibilidade real de continuar cos seus estudos por atoparse os seus proxenitores en situación de desemprego”.

Vivenda

O parlamentario socialista propón tamén á Xunta que impulse un Programa específico de Vivenda en Aluguer e de bolsas ou axudas para estudantes de FP en función dos desprazamentos ao centro de estudos. Meijón considera “preciso implementar un conxunto de medidas favorecedoras do desexado incremento de matrícula en FP” axudando aos estudantes que teñan que desprazarse e mesmo residir fora de casa.

Sinala que conseguir que a nosa mocidade continúe cos seus estudos é “un dos máximos retos que ten o noso sistema educativo” para “achegarnos así ás cifras medias dos países do noso entorno e cumprir co compromiso asumido na Estratexia de Lisboa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar