Meijón pide o cesamento do Subdelegado do Goberno en Pontevedra por informar do crime de Poio cando as dilixencias xudiciais eran secretas

Meijón pide o cesamento do Subdelegado do Goberno en Pontevedra por informar do crime de Poio cando as dilixencias xudiciais eran secretas

Meijón pide o cesamento do Subdelegado do Goberno en Pontevedra por informar do crime de Poio cando as dilixencias xudiciais eran secretas

Recorda que "non" é a primeira vez que existen filtracións dende o ministerio do Interior, mesmo do propio ministro, como na última operación contra ETA, nunha operación contra os Grapo polo secuestro de Publio Cordón ou na detención de Mujika por intentar asasinar a Aznar"

O deputado socialista por Pontevedra e coordinador dos socialistas galegos nas Cortes, Guillermo Meijón, pide "que se depuren responsabilidades políticas pola imprudencia do Subdelegado do Goberno en Pontevedra ao informar aos medios de comunicación acerca da detención de tres persoas en relación coa morte violenta dun ancián" "no concello de Poio"

Meijón anunciou que o seu grupo presentará hoxe mesmo unha iniciativa parlamentaria solicitando que o Goberno cese o actual Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, pola súa actuación neste caso. Así mesmo, pide que o Goberno adopte medidas para corrixir que no futuro se produzan este tipo de condutas.

Deste modo recorda que "non" é a primeira vez que existen filtracións dende o ministerio do Interior do Goberno de Rajoy, algunhas protagonizadas mesmo polo propio ministro, Jorge Fernández Díaz,".

Neste sentido alude ás filtracións que se produciron dende o ministerio de Interior na última operación levada a cabo pola Garda Civil contra o grupo de interlocutores dos presos de ETA antes de que os axentes practicasen os arrestos. Así mesmo, recordan que o propio Fernández Díaz ofreceu en rolda de prensa detalles sobre unha operación contra os Grapo polo secuestro de Publio Cordón mentres a operación policial estaba aínda aberta. Ademais, en xullo de 2012 revelouse dende Interior con antelación nun medio de comunicación a detención de Juan María Mujika Dorronsoro, acusado de participar no intento de ETA de asasinar en 2001 ao entón presidente do Goberno, José María Aznar.

Meijón lamenta que "o ministerio de Fernández Díaz se está a especializar en poñer en perigo as detencións e investigacións en marcha".

Por iso, recomenda ao ministro "que por unha vez actúe con rigorosidade e polo menos neste caso relacionado co Subdelegado do Goberno en Pontevedra se depuren responsabilidades políticas e "se produza o seu cesamento no cargo".

"É inadmisible -considera- que o Subdelegado do Goberno en Pontevedra achegase en rolda de prensa informacións que podían poñer en perigo a investigación en marcha por este crime en Poio"

Apunta que, segundo recolle o manifesto emitido pola Xunta de Xuíces de Pontevedra, "a información dada polo Subdelegado do Goberno se produciu mentres aínda eran realizadas dilixencias acordadas polo órgano xudicial e antes de que se dese conta ao maxistrado que levaba o asunto tanto do seu resultado coma da intención de informar destas". "Nesa información -continúa o manifesto asinado polos xuíces- déronse datos referidos ás persoas detidas, ás hipóteses da investigación e ao contido das dilixencias que aínda se estaban a efectuar nese momento". No escrito, engádese que "a información sobre unhas dilixencias de investigación pode afectar aos dereitos das persoas relacionadas cos feitos e á propia investigación determinando a perda de fontes de proba".

"Os propios xuíces cualificaron a actuación do Subdelegado do Goberno de extremadamente imprudente" -recalca o deputado socialista, que pediu o ministro "rigorosidade" e "que tome conciencia de que os erros nun ministerio como o de Interior son extremadamente graves".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar