Meijón pide a Educación unha solución "eficaz e inmediata" para a escolarización dun neno con diabetes severa

Meijón pide a Educación unha solución "eficaz e inmediata" para a escolarización dun neno con diabetes severa

Meijón pide a Educación unha solución "eficaz e inmediata" para a escolarización dun neno con diabetes severa

O secretario de Educación do PSdeG, Guillermo Meijón, cualificou hoxe de “intolerable” a falla dunha resposta eficaz e inmediata da Consellería de Educación á familia do neno coruñés que presenta un grave estado de diabetes polo que foi rexeitado por varias garderías e colexios que non poden atender as súas necesidades médicas.

O responsable de Educación do PSdeG sinala que “corresponde á administración educativa atopar unha solución axeitada á problemática deste neno” que debe contemplarse “de xeito inescusable” dende unha educación inclusiva que teña en conta as necesidades específicas.

Así, apuntou que a Consellería de Educación “ten a obriga de facilitar a súa integración educativa, dotando ao centro dos recursos precisos para que esta se realice con todas as garantías sanitarias para o alumno, o cadro docente e a comunidade educativa en xeral”.

Meijón lembrou que a escola pública “só pode entenderse dende a óptica dunha educación inclusiva, para todos e todas, e que implica dotar aos centros educativos dos recurso humanos e materiais precisos para compensar calquera tipo de desigualdade, incluíndo os cadros clínicos singulares”.

Por elo, considerou que “o brinde ao sol” de Jesús Vázquez a favor da educación inclusiva “non soporta unha mirada rigorosa aos continuos recortes aplicados aos orzamentos educativos dende que o PP acadou o poder”. “Semella que a fonda desconfianza amosada pola comunidade escolar ante a falla de recursos en educación correspóndese coa realidade das aulas”, dixo.

Meijón defendeu que “racionalizar recursos non é escusa para dar unha resposta inmediata ás necesidades do alumnado e as súas familias” e destacou que “a educación inclusiva debe ser sempre unha prioridade”.

“Para elo, é necesario apostar polo sistema educativo público como elemento clave do Estado de Benestar, algo que dista moito das prácticas do Goberno de Feijóo”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar