Meijón: “O recorte de 500 millóns de euros da Xunta para o ensino público impide mellorar os datos de fracaso escolar”

Meijón: “O recorte de 500 millóns de euros da Xunta para o ensino público impide mellorar os datos de fracaso escolar”

Meijón: “O recorte de 500 millóns de euros da Xunta para o ensino público impide mellorar os datos de fracaso escolar”


O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, denunciou hoxe que o recorte de 500 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para educación impiden reducir os datos de fracaso escolar en Galicia. Así o dixo no debate dunha Interpelación socialista sobre a falla de iniciativas do Goberno galego contra o fracaso escolar.

Meijón advertiu que “o punto máis importante do programa electoral do PP para a educación é o que determina a paulatina privatización do ensino público” e criticou así o recorte drástico de 500 millóns de euros para o sector dende o ano 2009, que resulta de sumar 420 millóns de euros menos nos orzamentos e 80 millóns da Consellería sen executar.

Meijón apuntou que o índice de fracaso e abandono escolar de Galicia sitúase no 23 por cento, o dobre do 14,4 por cento rexistrado na UE. Engadiu que os datos son suficientemente altos como para que a administración educativa se ocupe e se preocupe de adoptar as medidas precisas para que poidamos achegarnos ao comprometido na Estratexia de Lisboa”.

Plan Piloto

O responsable socialista propuxo a posta en marcha dende a Xunta dun Plan Piloto contra o Abandono e o Fracaso Escolar deseñado por expertos en colaboración coa Universidade para definir os indicadores de risco e permita actuar nas zonas onde sexa mais urxente a intervención. Sinalou que o fracaso e o abandono escolar “ten rostro, colectivos e zonas de risco concretas”.

Estas, engadiu, “deben ser identificadas para articular planificacións específicas e avaliar os logros para identificar as medidas de éxito e xeneralizalas en situacións semellantes”. Reclamou unha “actitude proactiva” da Xunta para “non depender do voluntarismo do profesorado” porque “non pode ser que o programa Abalar ou o de Centros Plurilingües dependa de si os docentes se apuntan ou non”.

Reclamou ao Goberno galego que determine “en qué puntos negros é máis importante e necesario traballar para reducir o fracaso e o abandono”. Adiantou que os socialistas galegos presentarán unha moción para articular estes plans piloto e incrementar os recursos “absolutamente necesarios para o sistema educativo público”.

Dixo que o fracaso escolar constitúe “unha problemática complexa que afecta por igual a toda a sociedade”, polo que engadiu que, malia que Galicia atópase por debaixo da media de abandono escolar do Estado, “en ningún caso pode ser un argumento satisfactorio” por canto “seguimos a estar moi lonxe da media e os obxectivos da UE”.

Meijón sinalou que investir en educación en tempos de crise “non só é posible, senón que resulta imprescindible”, xa que o investimento en educación “é investir no Produto Interior Bruto do futuro do noso país”.

Recortes

Meijón criticou os recortes da Xunta, que inclúen o 25 por cento nas partidas destinadas a loitar contra o fracaso escolar, o que se une á redución de partidas para formación musical -60 pro cento-, investimentos -50 por cento- ou linguas estranxeiras -21 por cento-. Tamén reduciu 36 millóns nas partidas para servizos complementarios xestionados polas Anpas ou o 20 por cento menos destinado á formación do profesorado.

Os recortes inclúen 1.000 docentes menos, 4 millóns de euros menos en FP, a redución do 40 por cento nos programas de calidade e avaliación, mentres reducen os recursos educativos complementarios para os concellos nun 72 por cento, retiran 2 millóns de euros dos programas de cualificación profesional de FP e reducen a mais da metade –un 56 por cento- as bolsas de formación dos centros de traballo.

Estes recortes contrastan co esforzo realizado durante o goberno de Touriño para acadar “un avance sen parangón en calquera dos parámetros” con relación aos gobernos do PP. Salientou que o goberno socialista aumentou os orzamentos en educación nun 30 por cento, incrementando o investimento por alumnado nun 40 por cento ou establecendo a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado.

Grazas ás políticas de impulso ao ensino público, foi posible triplicar as prazas de docentes ofertadas, ata as 5.819, incrementar o número de ordenadores por alumno ata dispor de 5 por cada 12 alumnos. Ademais, ampliouse a aprendizaxe de lingua inglesa en ensino infantil e foron creados programas específicos para a redución das taxas de abandono e fracaso, que foron dotados con 12 millóns de euros.

Durante esta etapa rexistrouse tamén un “notable incremento nas partidas de bolsas e axudas ao ensino, mesmo chegando a duplicar a partida de bolsas universitarias”, pasando dun investimento por alumno de 3.200 a 5.700 euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar