Meijón lamenta que "o PP certificou hoxe no Congreso a defunción da alta velocidade a Galicia, cunha AVE de segunda división"

Meijón lamenta que "o PP certificou hoxe no Congreso a defunción da alta velocidade a Galicia, cunha AVE de segunda división"

Meijón lamenta que "o PP certificou hoxe no Congreso a defunción da alta velocidade a Galicia, cunha AVE de segunda división"

Apunta que as últimas licitacións xa demostran que o PP fará en vía única a AVE a Galicia e critica que o Goberno do PP bota pola borda o investimento xa realizado nos tramos executados con trazado de verdadeira alta velocidade

Afirma que non vale a triplo D do PP de "Despúes Dios Dirá"

O coordinador dos socialistas galegos nas Cortes, Guillermo Meijón, lamenta que "o PP certificou hoxe no Congreso dos Deputados a defunción da alta velocidade a Galicia".

O PP rexeitou a Proposición non de Lei asinada por todos os deputados socialistas galegos, e que defendeu Meijón, esixindo ao Goberno "garantir a construción e a posta en servizo da LAV Madrid-Galicia con plenas características de alta velocidade na súa integridade, tal e como fora planificada e contratada, blindando a súa construción e posta en servizo en plataforma de vía dobre na integridade do seu trazado, e no prazo comprometido de 2018,".

Meijón sinala que "co seu voto, o PP deixou claro hoxe por fin que o Goberno do PP fará para Galicia unha AVE de segunda división".

Durante a súa intervención, o coordinador dos socialistas galegos sinalou que "aqueles que tiveron acceso aos pregos das últimas licitacións xa indicaron que distintos tramos da AVE se farán en vía única, tanto en Castela-León coma en Galicia, e só farán en dobre vía algúns desvíos para os cruzamentos".

O deputado socialista galego recordou os esforzos realizados polo Goberno do PP e pola ministra Pastor para ocultar o que tiñan previsto para a AVE a Galicia. Neste sentido, aludiu ao informe de ADIF de abril de 2013 que xa sinalaba a intención do Goberno de facer a AVE a Galicia en vía única e que tanto ADIF coma Fomento trataron de desmentir.

"Agora -sinalou Meijón- Fomento ten pasado da negación dos feitos a dicir que o da vía única se trata dunha medida provisional para despois volver ao deseño inicial". A este respecto, o coordinador dos socialistas galegos apuntou que "nesa suposta medida provisional xa se acreditan tramos en vía única, como o de Medina do Campo-Co Reses ou o de La Hiniesta-Otero de Bodas, ademais dos quilómetros tamén en vía única que Fomento pretende construír entre Pedralba de la Pradería e Ourense".

Así mesmo, criticou "a decisión de Fomento de executar os túneles que aínda non están tendidos nun só tubo de ida e volta, en lugar de túneles independentes para cada sentido,".

"A estratexia da Triplo D do PP, a do Después Dios Dirá, non oculta a súa aposta por un trazado de segunda categoría para a AVE a Galicia, nin oculta o disparate de botar pola borda todo un investimento xa realizado nos tramos xa executados para contar cun verdadeiro trazado de alta velocidade, nin oculto as sucesivas pantallas electorais do PP" "para que non se lle descubra o pastel" -reprobou.

Así, indicou que "a propia ministra Pastor alimenta a negra realidade cando, escapando da resposta directa, fai mención á dobre plataforma, pero nada di da montaxe das dúas vías".

Meijón recordou que o Goberno Socialista modificou os trazados entre Lubián e Ourense para adecualos á Alta Velocidade e investiu máis de 9.000 millóns de euros para que Galicia e Castela e León contasen cun trazado perfectamente axeitado para a alta velocidd, con dobre plataforma e dobre vía en todo o seu percorrido,". Non obstante, indicou que, nos Presupostos Xerais do Estado 2014, se constatou que o Goberno do PP non ten intención de executar o 30% do presuposto previsto para a AVE este ano en Galicia.

"Nada axudaría máis á credibilidade do Goberno do PP e de Ana Pastor respecto á AVE a Galicia que votar a favor da Proposición non de Lei do Grupo Socialista". "Por desgracia, todos sabemos o verdadeiro significado do seu voto en contra hoxe" -lamentou.

Así mesmo, criticou o voto en contra de UPyD que "ao igual que o PP, tampouco quere a AVE a Galicia"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar