Meijón lamenta que a Xunta “canta mais crise menos axudan” cos libros de texto

Meijón lamenta que a Xunta “canta mais crise menos axudan” cos libros de texto

Meijón lamenta que a Xunta “canta mais crise menos axudan” cos libros de texto

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, dixo hoxe que a Xunta “canta máis crise menos axudan a quen máis o necesita”. Así o dixo nunha Pregunta oral que dirixiu na sesión plenaria de hoxe, na que criticou a nova redución das axudas para a compra de libros de texto.

Meijón aludiu aos datos coñecidos hoxe polos que o ensino primario dos rapaces e rapazas de Galicia custa 700 euros mais que en 2009 demostrando que “só saben reducir e recortar” co “obxectivo claro” de atacar ao sistema público de ensino. Dixo que a esta nova rebaixa súmase a redución de bolsas de FP -nun 50%-, as universitarias -26%-, a redución do 50 por cento das axudas ás escolas de música e o 35 aos comedores.

Advertiu que a Xunta está “empecinada en manter un sistema máis caro, menos solidario e que canto máis acucia a crise máis se empeñan en reducilo”. Sinala que este modelo só beneficia a 4 de cada 10 alumnos, co que “dando libros gratis ao 40 por cento cada ano, en catro anos gastarán o 160 por cen”, mentres o sistema de préstamo implantado polos socialistas garantía o cen por cen de cobertura cada ano sen gasto adicional.

Criticou así a supresión do sistema implantado polo goberno socialista na pasada lexislatura que resulta “solidario e sostible e que beneficia ao cen por cen do alumnado” e que obtivo os parabéns mesmo do anterior conselleiro de Educación do PP, Celso Currás, “que ensalzou este logro do Goberno de Touriño”.

A cambio, dixo, deixan a 6 de cada 10 alumnos sen libros. Explicou que as axudas só son concedidas ás familias con un só fillo cando cada un dos pais e nais perciben un máximo de 578 euros brutos ao mes e ás de dous nenos cando cada un dos pais e nais perciban un máximo de 771 euros brutos ao mes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar