Meijón esixe Feijoo que conceda para este curso unha nova unidade de educación infantil e profesorado no colexio Ben-Cho-Sey

Meijón esixe Feijoo que conceda para este curso unha nova unidade de educación infantil e profesorado no colexio Ben-Cho-Sey

Meijón esixe Feijoo que conceda para este curso unha nova unidade de educación infantil e profesorado no colexio Ben-Cho-Sey

 

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo que conceda para o presente curso 2011-2012 unha nova unidade de Educación Infantil, así como a dotación correspondente de profesorado de forma que, alomenos, iguale o número de unidades e profesorado do pasado curso, no colexio Ben-Cho-Sey.

E tamén solicita que se redacte con urxencia un proxecto de ampliación e acondicionamento deste colexio ourensán, co obxectivo de que poidan ser licitadas e adxudicadas as obras no presente curso co obxecto de que sexan unha realidade cara ao curso 2012-2013.

Meijon lembra na iniciativa rexistrada que a comunidade educativa do Centro colexio Ben-Cho-Sey do concello de Pereiro de Aguiar, Ourense, está manifestando na rúa a súa indignación ante as recentes decisións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria respecto dos centros educativos de dito concello.

Advirte que a decisión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de incrementar os concertos educativos no curso 2011-2012 non pode contar co beneplácito dunha comunidade educativa que contempla, curso tras curso, como o actual Goberno da Xunta de Galicia recorta sistematicamente recursos no sistema educativo público namentres os incrementa na rede concertada do seu concello.

Subliña que dentro dos novos concertos, destaca especialmente o efectuado co Colexio Miraflores. A  ninguén se lle escapa as singularidades que presenta dito centro, por outra parte ben remarcadas publicamente polos propios responsables do mesmo que admiten publicamente que non é un colexio para tod

Así as cousas argumenta que é un concerto se cabe máis indignante ao contrastar coa negativa a acondicionar e ampliar o Centro Público Ben-Cho-Sey, o que redundaría nunha utilización máis eficiente dos recursos públicos e que permitiría deste modo atender, nas condicións debidas, as demandas de escolarización da zona. Ademais advirte da reducción dunha aula de Educación Infantil, algo que obriga a concentrar escolares de distintas idades nunha mesma aula.

Meijon afirma que a comunidade educativa do colexio Ben-Cho-Sey só pode entender estas decisións da Consellería de Educación en clave “de desprestixiar o sistema educativo público, e aplicar con dureza no seu centro a política de recortes e reduccións de recursos humanos e materiais e tratar de afogar un centro público xa de por si masificado”. Argumenta que este centro ten experimentado un importante crecemento da súa matrícula, pasando en catro anos de 123 a 212 alumnos e alumnas, sen contar ao mesmo tempo coa necesaria ampliación de espazos e instalacións.

O portavoz socialista replica que con esta folla de ruta “é fácil intuír que con este concerto estanse a sentar as bases para, en convocatorias sucesivas incrementar as unidades concertadas no concello de Pereiro de Aguiar a costa sempre dos centros públicos”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar