Meijón esixe á Xunta que manteña as ensinanzas de ESO e Bacherelato nos sete centros afectados

Meijón esixe á Xunta que manteña as ensinanzas de ESO e Bacherelato nos sete centros afectados

Meijón esixe á Xunta que manteña as ensinanzas de ESO e Bacherelato nos sete centros afectados

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, esixiu á Xunta que manteña as ensinanzas de ESO e bacharelato nos centros IES Manuel Antonio –Vigo-, Politécnico de Lugo, Politécnico de Ferrolterra, Coroso –Ribeira-, A Xunqueira –Pontevedra-, Portovello –Ourense- e Paseo das Pontes –A Coruña-.

O parlamentario socialista presentou unha serie de iniciativas nas que denuncia a “actitude autoritaria” da Consellería de Educación por tomar esta decisión con “desprezo a todo o que teña que ver coa participación e a calidade democrática”. Esixiu tamén que inicie un proceso participativo para acadar o consenso cos órganos de participación implicados.

Meijón reclama así que a Xunta aprace esta decisión cando menos ata o próximo curso para que as comunidades educativas poidan pronunciarse a través do Consello Galego de FP, a Mesa Sectorial, os Consellos Escolares Municipais e os consellos escolares dos centros afectados para que as medidas “conten co máximo consenso e teñan en conta a singularidade de cada centro”.

O responsable socialista criticou a actitude da Consellería por “manipular” este anuncio eludindo á Mesa Sectorial de Educación e decretando a desaparición destes estudos a tres meses do comezo do novo curso escolar, cando os centos teñen iniciado xa a formalización da matrícula, co que os nais e pais “daban por feito a continuidade dos seus fillos e fillas nos centros”.

Advertiu que os claustros xa tiñan tomadas decisións sobre os libros de texto do curso vindeiro e atópanse volcados coas tarefas de fin de curso, agochando ademais a supresión de prazas públicas “en detrimento da calidade educativa” e coa amortización de entre 150 e 200 prazas docentes de ESO e Bacharelato.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar