Meijón di que o conselleiro de Educación pretende instalar a Galicia nunha “Disneylandia educativa”

Meijón di que o conselleiro de Educación pretende instalar a Galicia nunha “Disneylandia educativa”

Meijón di que o conselleiro de Educación pretende instalar a Galicia nunha “Disneylandia educativa”

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon interveu hoxe no Pleno do Cámara trala comparecencia do Conselleiro de Educación, na que deu conta do inicio do curso escolar no ensino non universitario de Galicia. Alí afirmou que o Conselleiro de Educaron ten o record de Galicia de manifestacións en contra das súas nefasta xestión sobre o ensino publico da nosa Comunidade.

Meijon dixo que o PP aproveita a crise para procurar, inutilmente, agochar un cambio de modelo encarado á privatización dun Servizo Público. Asevera que o Conselleiro de Educación “pretende instalarnos nunha disneylandia educativa”.

O portavoz socialista afirmou na súa intervención que os eixes do Partido Popular na política educativa son “un 26,82% menos en Becas Universitarias, un 12,45% menos en Financiación Universitaria, un 20% menos na Función 56 referida aos Programas de I+D+i, un 50% menos en Becas FCT de Formación Profesional”.

Sinala que as ANPAS tamén sofren recortes “un 28,74% menos en Axudas ás ANPAS -35% este ano”, ademais dun 60% do alumnado sen gratuidade dos LIBROS de TEXTO.

O deputado critica un recorte dun 60% menos en Conservatorios e Escolas de Música, e un 48,67% menos en partidas para a Lingua Galega, e un 34% menos en partidas para o Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras.

No que se refire ao Programa de Intercambios con centros estranxeiros un 100% menos, e advirte que esta decisión tomouse con “nocturnidade e aleivosía”.

Reducción tamén na Formación do Profesorado cun 31,6% menos.

No que atinxe aos Investimentos Reais as cifras din que hai 51,51% menos. (60% se excluímos o Inmaterial). Tamén critica a diminución nos orzamentos en Formación Profesional, a  eliminación do Centro INDAGA, e case eliminación dos Programas de Emprendedores e das campañas de Promoción destas ensinanzas.

Déficit democrático intolerable

Meijon acusou ao Goberno de Feijoo de provocar un déficit democrático inenarrable, tanto no Consello Escolar de Galicia, no Consello Escolar de Formación Profesional e  na Mesa Sectorial. Ademais puxo como exemplo as normativas impulsadas polo Goberno de Feijoo como a Lei de Convivencia, o Decreto de Formación.no proceso de implantación dos Novos CIFPs, ou na

implantación dos Novos Horarios ou das labores de custodia impostas con total ausencia de diálogo.

 

Recortes nas comunidades do PP

O portavoz socialista tamén puxo como exemplo a xestión en política educativas noutras Comunidades donde Goberna o Partido Popular. Explicou que na Comunidade Murciana o Presidente que non ten reparo en falar de copago nos Servizos Públicos de Sanidade e Educación, na Comunidade de Castela-A Mancha Dolores de Cospedal reforma a educación con recortes brutais no sistema educativo público.

No que se refire á Comunidade Autónoma de Madrid dixo que Esperanza Aguirre, “recorta sen piedade os cadros de persoal dos centros públicos, cuestiona a gratuidade do sistema educativo público, e mentres concede 90 millóns de euros en deduccións ás familias que leva aos seus fillos e fillas ao privado. E envíolle unha mensaxe ao Conselleiro “pensa facer o mesmo en Galicia, que lle parece a xestión das Comunidade do PP”, espetoulle.

O deputado socialista emprazou ao Conselleiro de Educación a dialogar coas ANPAS, cos sindicatos, co profesorado e cos alumnos para atopar unha solucións aos seus conflictos. Ademais denunciou que Galicia conta con 1000 docentes menos no sistema educativo, por iso insistiu nas súas criticas “nin un paso atrás na escola publica de Galicia”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar