Meijón di que o conselleiro de Educación “pisotea ao Consello Escolar de Galicia"

Meijón di que o conselleiro de Educación “pisotea ao Consello Escolar de Galicia"

Meijón di que o conselleiro de Educación “pisotea ao Consello Escolar de Galicia"

O deputado do Grupo Socialista, Guillermo Meijon interveu no Pleno da Cámara para preguntar ao Conselleiro de Educación polo resultado da votación do plenario do Consello Escolar, no que aprobou a retirada do Anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa.

O portavoz socialista lembra que o Plenario, que é o máximo órgano de representación dos distintos sectores da Comunidade Educativa, votou en contra do Anteproxecto de Lei de Convivencia. Relata que houbo un resultado contundente con 21 votos a favor da emenda á totalidade, 4 abstencións e 11 votos en contra.

O deputado asevera que un dos maiores críticos desta Lei foi a realizada polo Seminario Galego para a Paz, cuxo impulsor Manuel Dios Diz, foi citado en numerosas ocasións polo Conselleiro de Educación na súa intervención.

Lembrou que o Consello Escolar de Galicia esta composto por profesionais educativos de tódolos sectores educativos e sociais. Tras coñecerse o resultado da votación, Meijon, criticou as declaracións realizadas polo PP nas que asegura que no Consello Escolar de Galicia existía manipulación das regras democráticas, que eran organizacións satélites, e ademais cuestionou a súa independencia, que se usurpaban potestades lexislativas e que se torpedeaba as decisións da Xunta. Cualificou estas afirmacións de “vergoña”
O deputado socialista asegura que a Lei so se centra no limite punitivo, é unha Lei de costo cero, denuncia que non ten informes previos, desprezando os observatorios de convivencia e tamén o propio programa electoral do PP.

Dimisión do Conselleiro de Educación

E resumiu “un deputado mais non da patente de corso para pisotear a participación de tódolos órganos de representación”. Afirma que o Consello Escolar concluíu que este proxecto non vale nin sequera para emendar, por iso presentaron unha emenda á totalidade. Por iso sinala que “non chega coa súa dimisión”. Explica que unha das estratexias de Feijoo é desprezar os Informes de representación democraticamente elixidos, como quedou patente coa actitude demostrada pola Conselleira Beatriz Mato, xa que asegurou non coñecer o demoledor Informe CES sobre a Lei de Familia. E asegurou que a Xunta non perde nin un minuto en escoitar ás opinións que non comparte o PP.

CEIP de Arteixo

No turno de replica saíu ao debate o conflicto do CEIP de Arteixo, donde unha alumna que asiste con velo ao aula esta sendo expedientada por usar esta vestimenta. Meijon afirmou que co anterior Goberno a conflictividade escolar baixou en Galicia nun 25% “esperemos que poidan manter estas cifras”, explicou. E dixo que Alcaldesa de Arteixo esta tratando de mediar nun conflicto, pero advertiu “vostede esta agochado na mesa camilla e non se atreve a saír e a mediar”. E engadiu “esta deixando soa a unha comunidade educativa, exerza dunha vez”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar