Meijón denuncia unha nova "ofensiva de verán" da Xunta contra o ensino público coa redución de máis de 1.800 docentes

Meijón denuncia unha nova "ofensiva de verán" da Xunta contra o ensino público coa redución de máis de 1.800 docentes

Meijón denuncia unha nova "ofensiva de verán" da Xunta contra o ensino público coa redución de máis de 1.800 docentes

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, denunciou a posible amortización de máis de 1.800 prazas de docentes de educación por parte da Xunta. O responsable socialista advertiu que o Executivo de Feijóo ven de comezar unha “nova ofensiva” de verán contra o ensino público.

Meijón dixo que o anuncio dos sete centros integrados de FP feito onte pola Consellería de Educación suporá unha redución de 200 prazas públicas de docentes, que se suman aos 600 que son amortizados polo concurso de traslados. Advertiu tamén que a Oferta Pública de Emprego só repoñerá o 30 por cento das xubilacións ordinarias sen ter en conta a redución de 1.000 prazas polas xubilacións anticipadas.

O responsable socialista explicou que suman máis de 1.800 prazas que non serán cubertas con profesorado público e que vai na liña contraria da estabilidade laboral posta en práctica polo goberno socialista “no caso de que a Xunta opte por cubrir parte delas con interinos”.

Sinala que na transformación dos sete centros integrados de FP a Xunta “ocultou deliberadamente toda a información ás comunidades educativas”, deixando pasar as eleccións locais e mesmo impulsando a matrícula de alumnado de ESO e bacharelato nestes sete centros cando xa tiñan tomada a decisión contraria.

Meijón denunciou tamén o recorte de investimento nos centros públicos precisamente no momento en que a demanda de matrículas en infantil e primaria está a aumentar e cando a Xunta contou con 30 millóns de euros sen investir en obra nova para Educación no ano 2010. Isto supón un “problema para concellos en crecemento como Ames”, nos que a Xunta renuncia a facer novos centros, e no futuro inmediato afectará ás grandes cidades.

Sinalou que ao mesmo tempo o Executivo autonómico ten paralizados os servizos complementarios, como o transporte escolar e os comedores xestionados polas Anpas e os Concellos, nos que a Xunta incumpre o compromiso de cambio de xestión. Meijón presentou unha iniciativa que será debatida no próximo Pleno para que a Xunta cumpra con este compromiso e asuma de xeito progresivo a xestión destes comedores.

O parlamentario socialista advertiu tamén que os recortes de infraestruturas, bolsas ou libros de texto, así como a negativa do PP a apoiar as iniciativas socialistas para bolsas de estudos para parados ou fillos de parados mentres as consellerías de Traballo e Educación suman 250 millóns de euros de orzamento sen executar correspondentes ao ano 2010.

Déficit de calidade democrática

Guillermo Meijón criticou que a xestión da Xunta a nivel educativo rexistra un “importante déficit da calidade democrática e fondo desprezo á comunidade educativa”. Así lembrou que o director xeral de FP, Mira Lema, plantou onte á Mesa Sectorial cos sindicatos “unicamente para dar unha rolda de prensa xunto co conselleiro”.

Ademais, dixo, a Xunta evita convocar o Consello Galego de FP porque “non queren contar coa súa participación para elaborar o Mapa Galego de FP ou as comisións para sectorialización e territorialización de novos ciclos”, mentres amosan “a diario” o seu “fondo desprezo polo Consello Escolar e as súas resolucións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar