Meijón denuncia que en Galicia as bolsas para aprender un idioma estranxeiro diminuíton case un 91% nas ensinanzas postobrigatorias non universitarias

Meijón denuncia que en Galicia as bolsas para aprender un idioma estranxeiro diminuíton case un 91% nas ensinanzas postobrigatorias non universitarias

Meijón denuncia que en Galicia as bolsas para aprender un idioma estranxeiro diminuíton case un 91% nas ensinanzas postobrigatorias non universitarias

O número de bolseiros pasou de 482 en 2011 a 45 en 2013 e a contía media das bolsas outorgadas reduciuse a menos da metade

"De nada valen as soflamas de Wert relativas á importancia dos idiomas que contradín a realidade das políticas que implanta"

O deputado socialista galego Guillermo Meijón, coordinador dos socialistas galegos nas Cortes e vicevoceiro de educación no Congreso, recibiu unha resposta parlamentaria do Goberno que confirma que, respecto ás bolsas para aprendizaxe de idiomas estranxeiros para ensinanzas post-obrigatorias non universitarias, o número de bolseiros en Galicia pasou de 482 no ano 2011 á "exigua cantidade" de 45 bolseiros no ano 2013.

A resposta parlamentaria sinala ademais que a contía media das bolsas outorgadas deste tipo pasou de 1,784,65 euros no ano 2011 a 685,27 euros no ano 2013.

"Iso significa -destaca Meijón- que se produciu un descenso do 90,7% no número de bolseiros e do 61,60% na contía que reciben".

Respecto ás ensinanzas universitarias, en Galicia o número de bolseiros para aprender un idioma estranxeiro aumenta lixeiramente de 601 bolseiros en 2011 a 729 bolseiros en 2013. Non obstante, segundo os datos do propio Goberno na devandita resposta parlamentaria, ese lixeiro incremento no número de bolseiros vai acompañado dunha drástica redución da contía que perciben, pasando dos 1.805,16 euros en 2011 a tan só 570,57 euros no ano 2013.

"É dicir -explica o deputado socialista- existe un lixeiro incremento do número de bolseiros, o 17,6%, pero redúcense as cantidades a percibir pola bolsa nun 68,4% ".

Para Meijón, "estes datos veñen a confirmar o desastre que a política de recortes en educación está a provocar no noso país e, concretamente, en Galicia".

"Como máis dunha vez denunciamos os socialistas -afirma o deputado galego- o discurso do ministro Wert resulta totalmente incoherente coa realidade dos feitos". "De pouco valen as soflamas de Wert relativas á importancia dos idiomas, da necesaria internacionalización do alumnado, da relevancia de estudar e investigar a nivel internacional, cando as políticas reais que implanta o ministro supoñen unha redución das bolsas en máis dun 60% " -engade.

"Isto sucede ademais -indica- nuns momentos nos que a crise atenaza as familias, a desigualdade increméntase por todas as partes e contamos con máis alumnos e menos recursos".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar