Meijón denuncia que as reformas no ensino público da Xunta "só pretenden encubrir o maior ERE realizado no sistema educativo"

Meijón denuncia que as reformas no ensino público da Xunta "só pretenden encubrir o maior ERE realizado no sistema educativo"

Meijón denuncia que as reformas no ensino público da Xunta "só pretenden encubrir o maior ERE realizado no sistema educativo"

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, dixo que as reformas no ensino público anunciadas pola Xunta “só pretenden encubrir o maior ERE realizado nunca no sistema educativo público”. Advertiu que “Feijóo e o conselleiro Jesús Vázquez seguen a amosar que unicamente entenden o goberno de forma autárquica, de ordeno e mando”.

Meijón criticou a “terxiversación, a demagoxia, o comportamento autárquico e a falla de respecto e lealdade institucional cos órganos de representación da comunidade educativa” amosadas por Feijóo e Vázquez. Engadiu que “de novo, con total ausencia de diálogo, deixaron pasar as datas das eleccións municipais e agardaron ás datas próximas ás vacacións de verán co obxectivo de impedir a mobilización da comunidade educativa”.

Dixo que a Xunta está facendo “un exercicio de demagoxia e prestidixitación para tratar de enmascarar e desviar a mirada do seu desprezo ao sistema educativo público”. Advirte que o incremento de horas supón unha menor adecuación do profesorado, que se suma á masificación nas aulas, supresión das aulas de reforzo en secundaria, redución de apoios nas materias troncais ou redución de persoal para alumnado con necesidades específicas.

O responsable socialista sinala que a Xunta “mestura medidas mal formuladas que poderían ter sido adoptadas de forma consensuada e ben articuladas”, como é o caso da custodia do alumnado, cunha retahíla de “falsas verdades que ocultan as nefastas consecuencias que eles ben coñecen”.

Dixo que Feijóo “pretende desprestixiar e desmantelar” o sistema educativo público “en contra das recomendacións da UE para que en ningún caso o ensino quede afectado polos recortes”.

Sinala que “se ben investir en educación resulta caro para o país, non investir resultaría moitísimo máis caro”, e engade que “a redución das taxas de fracaso e abandono escolar debera ser un dos obxectivos principais dunha Consellería de Educación que merecera tal nome”.

Lamenta que o lema de “facer mais con menos” significa agardar máis taxas de abandono e fracaso escolar na escola pública a base de dotala cada vez con menos recursos materiais e humanos”.

Guillermo Meijón acusou ao PP de “destrozar todo o traballo do goberno socialista na liña de incrementar os recursos humanos e materiais no sistema público” e mesmo lamentou que “tampouco lles preocupa tratar de desprestixiar ao profesorado do sistema educativo público con acusacións insidiosas acerca do seu traballo, cando non con ameazas e apertura de expedientes a modo de exemplificación”.

Ver máis en www.escoladeferrado.es

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar