Meijón denuncia que a Xunta prioriza e fortalece os centros de ensino concertados en detrimento dos públicos

Meijón denuncia que a Xunta prioriza e fortalece os centros de ensino concertados en detrimento dos públicos

Meijón denuncia que a Xunta prioriza e fortalece os centros de ensino concertados en detrimento dos públicos

O portavoz de Educación do  Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon Couselo denunciou hoxe en rolda de prensa que os programas punteiros da Consellería de Educación (Abalar e Centros Plurilingües) do Goberno de Feijoo “fortalecen a educación primaria concertada, en detrimento dos centros públicos de Galicia”. Meijon afirma que o periodo vacacional é o máis frutífero da Consellería de Educación contra o Sistema Educativo Público.

Meijón dixo que o programa Abalar, que equipa as aulas con tecnoloxías de información e comunicación, dos 738 centros públicos de educación que existen en Galicia, beneficia a 135 centros públicos, o que supón un 18,2 %. Mentres que dos 191 concertados, 87 téñeno en funcionamento, o que supón un 45,5 %.

Con esta panorama dixo que si segue esta dinámica “en dous anos preto do100 % dos centros concertados terían implantado o programa en educación primaria, en comparación cun 36 % dos públicos”. No que se refire a implantación nos centros plurilingües públicos fíxose en 44 centros (5,9 %) e en 50 concertados (26,1 %).

Coas cifras na man afirma que dende a chegada de Feijóo o orzamento en educación provocou un saldo negativo de 215 Millóns de euros, respecto ao que suporía simplemente manter o último orzamento do goberno Pérez Touriño.

O parlamentario socialista tamén lembrou a folla de ruta educativa de Feijoo e lembrou as decisións da Fin de Curso 2010-11, dixo que o panorama é desolador con “15.000 docentes manifestándose polas rúas de Santiago”. Sobre a Lei de Convivencia asegurou que foi aprobada en contra dos criterios da Comunidade Educativa representada no Consello Escolar de Galicia, por iso augurou “un inicio de Curso problemático”.

 

Catalogo de prazas de corta e pega

Replica que os recortes na escola pública, dende a chegada de Núñez Feijóo e o Conselleiro Jesus vázquez, foron corrixidos e aumentados. O portavoz de Educación dixo que o DOG é un espello claro do que está a acontecer na nosa Comunidade, “xa que o catálogo de prazas nos centros públicos de educación infantil e primaria actualízase cun corta e pega bochornoso para calquera que non sexa o actual Conselleiro, quen parece indicar que a calidade educativa se incrementa a base de reducir prazas docentes”.

Meijon asegura que o compromiso de Feijoo na calidade da educación tradúcese “nun novo recorte das plantillas”. Por iso denuncia que hai 161 prazas suprimidas, que, pese a creación  de 59 novas, da un saldo negativo de 102 prazas docentes menos no CATÁLOGO, que é un MARCO de mínimos. Ademais advirte que a elas habería que sumar as 100 prazas docentes que non foron creadas por mor de incumplir o acordo de agrupamento de alumnado asinado coa Mesa SECTORIAL, o que fai un balance negativo e obxectivo de máis de 200 prazas de docentes. Cunha incidencia especial nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe como ben teñen denunciado as Asociacións de Nais e Pais.

E sobre os recortes de profesorado en secundaria asegura que fontes da propia Consellería de Educación cífrana entre “200 e 300 profesores menos” na ESO e Bacharelato.

Peche de 14 centros

Tamén aludiu ao peche de centros, 14 centros pechados dos que temos que preguntarnos cales son os CRITERIOS, xa que relata que “dende a propia Consellería afirmábase que a evolución da matrícula prevista constituía un criterio básico, pero semella que en Carballo, ese criterio non rexe”, insistiu. Fronte a esta situación Meijon afirma que na rede concertada, habendo prazas vacantes nas escolas públicas. “Así entende Feijóo o uso eficiente dos recursos públicos”, espetou.

Por outra banda criticou a instrución da Consellería de Educación de excluír do servizo dos comedores escolares aos estudantes con pais con dificultades económicas ou en paro, e cualificou esta decisión “como unha actitude miserable”.

Copago no transporte escolar

Por ultimo tamén se referiu á proposta realizada onte en Ourense polo presidente do Comité Galego de Transporte, Raúl López, para reorganizar o transporte escolar e modificar o tempo das rutas, Meijón denuncia que esta decisión podería ata duplicar o tempo que un neno viaxa en autobús.

Anunciou que Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE preguntará si estas declaracións responden a “conversacións previas co conselleiro ou ao gran acordo que conseguiu a Xunta co transporte escolar de Galicia”, e quere saber tamén si isto “ten que ver co copago ou co pago completo do trasporte escolar das ANPAS de Galicia, si o PP chega a poder cambiar a lexislación actual”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar