Meijón denuncia o "despotismo ilustrado" da Xunta en educación, tras un encontro cos sindicatos educativos

Meijón denuncia o "despotismo ilustrado" da Xunta en educación, tras un encontro cos sindicatos educativos

Meijón denuncia o "despotismo ilustrado" da Xunta en educación, tras un encontro cos sindicatos educativos

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, denunciou o “despotismo ilustrado” da Xunta en materia educativa por “gobernar para o pobo pero sen o pobo”. Logo dunha xuntanza cos sindicatos educativos, dixo que tanto Feijóo como o conselleiro Vázquez “ignoran á comunidade educativa e nunca intentan o consenso”.

O responsable socialista advertiu que a pesares de que a Xunta anuncia que “vela pola comunidade educativa” a realidade é que “nunca contan con ela” dende unha Consellería na que “non existe a palabra consenso”. Advertiu o enfrontamento sistemático da Xunta cos órganos representativos, xa sexa a Mesa Sectorial Docente, o Consello Escolar de Galicia ou o Consello Galego de FP, que non foi convocado en dous anos.

Meijón criticou que a Xunta teña obviado á comunidade educativa tamén na reordenación dos horarios lectivos dos docentes, que resultan “os mais prexudicados pero non son os únicos afectados”. Explicou que a decisión “afecta claramente á calidade da educación pola perda de preto de 1.000 postos de traballo, a desaparición das aulas de reforzo e mesmo profesionais para rapaces que necesitan apoio específico”.

Esixiu á Xunta que adopte medidas “a favor de reducir as taxas de abandono e o fracaso escolar incrementando as tarefas docentes nesta liña”, e criticou que as medidas actuais van “en contra do sistema educativo público”.

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, e o portavoz de Ensino, Guillermo Meijón, mantiveron hoxe un encontro de traballo cos sindicatos educativos CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT, ANPE-Galicia, STEG, e CSIF para avaliar a reorganización das horas lectivas dos mestres por parte da Xunta.

Desacordo de Feijóo e o PP
Meijón reclamou ao presidente da Xunta “que se poña de acordo co seu propio Grupo Parlamentario” xa que, dixo, mentres o Grupo do PP dicía que eran medidas económicas, Feijóo desbotaba que foran tomadas por criterios económicos. Por outra parte, sinalou, “mentres o PP asegura que non vai haber redución docente tanto Feijóo como o conselleiro xa levan anunciado que no próximo curso haberá 500 mestres menos”.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “tentar de denunciar o acordo acadado na pasada lexislatura amparándose nunha comparativa coas outras autonomías que é rotundamente falsa”. Desmentiu que a reforma equipare Galicia coas demais autonomías, xa que “en moitos casos non existe un acordo escrito” xa que se limitan ás horas marco aprobadas no Estado.

Explicou que en Galicia na pasada lexislatura “acadáramos consenso para regular as horas que necesitan os profesores para preparar materias ou apoiar a rapaces con atención específica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar