Meijón denuncia a paralización e os recortes da formación profesional en Galicia

Meijón denuncia a paralización e os recortes da formación profesional en Galicia

Meijón denuncia a paralización e os recortes da formación profesional en Galicia

O portavoz do Educación do Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon criticou hoxe os recortes educativos do Goberno de Feijoona nosa Comunidade, trala comparecencia parlamentaria do Director Xeral de Educación, na que informou sobre a ampliación da rede de Centros Integrados de FP e da oferta educativa. “Se non ten nada que dicir, non veña a dicilo aquí”, espetoulle Meijon.


Meijon dixo que Feijoo diminuíu en 300 millóns a partida orzamentaria educativa en Galicia, e denuncia que deixou 80 millóns sen executar. Aludiu tamén a reducción do centro INDAGA, reducción de profesorado en secundaria, en perto de 300.

Cualificou  a comparecencia parlamentaria coma “un contacontos”, e advirte que fai 4 meses debeu realizar esta comparecencia na Cámara Autonómica “pero non se atreveu a vir”.

O parlamentario socialista criticou a paralización do II Plan Galego de FP, xunto cunha ausencia dun Plan Galego de Orientación Profesional, subliña que a Formación Profesional debe ser unha gran prioridade na area educativa para Galicia. Asegura que a gran eiva da formación educativa en Galicia “son os rapaces que abandonan os estudios e non se incorporan a FP”. Por iso insistiu “hai que aproveitar esta oportunidade e traelos a este campo”, resumiu.

Tamén aludiu aos proxectos de I+D+i “que se reduciron nun 100%, xunto coas campañas de Fomento de Formación Profesional”. Sobre os Programas de Orientación Profesional asegura que a partida pasou de 130.000 euros a 10.000 euros”, e proseguiu “fale de estas cousas”, replicou na súa intervención cara o Director Xeral. E criticou o recorte das becas nun 50%.

Paralización do mapa galego

Sobre a parálise dos traballos da Comisión Sectorial e Territorial para a confección do mapa galego da Formación Profesional afirma que neste documento si que ten sentido falar dos centros integrados, nese marco galego. Dixo que esta mapa esta paralizado porque o Goberno de Feijoo “non quere contar con ninguén”.

Procedementos intolerables

No que se refire a rede de centros integrados asevera que foi realizado de costas á Comunidade Educativa, dixo que a Xunta utilizou procedementos intolerables en democracia. Meijon lembrou que o Goberno de Feijoo negou a participación neste proceso do Consello Galego de FP, da Mesa Sectorial de Educación e dos Consellos de Galicia e dos Consellos Escolares Municipais, que tamén tiña que intervir porque se estaban modificando a zonificación do alumnado en cada un dos concellos, pero denuncia que “ocultaron todo este proceso”.

E insistiu nas súas criticas “o PSdeG non vai ser cómplice de procedementos baseados na mentira, no escurantismo e de enganar ás Comunidades educativas”.

Dende o PSdeG “apoiamos a rede de Centros Integrados, pero non estamos a favor de comportamentos antidemocráticos e de agochar a verdade á Comunidade Educativa”.

Ademais lembrou que o Goberno de Feijoo “si que ten orzamento para destruír equipamentos educativos, pero non para construílos”, en alusión ao derribo da infraestructura lucense de Cervo do “Rivera Casas”, valorado en perto de 4 millóns de euros.

E preguntoulle pola Orde que adscribe ao profesorado a nova denominación dos centros “esta Orde aínda ten que saír”, insistiu.

Lembrou que na pasada lexislatura incrementáronse a plantilla de profesores en mais de 5.000, e criticou a redistribución do programa Abalar e de centros plurilingües, que non reflicten o peso do ensino publico.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar