Meijón defende que os plans de estudo do profesorado incorporen formación de igualdade e contra violencia de xénero e supriman a relixión

Meijón defende que os plans de estudo do profesorado incorporen formación de igualdade e contra violencia de xénero e supriman a relixión

Meijón defende que os plans de estudo do profesorado incorporen formación de igualdade e contra violencia de xénero e supriman a relixión

O deputado socialista pontevedrés Guillermo Meijón defendeu na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados unha emenda socialista pola que "se insta o Goberno a promover a revisión dos Plans de Estudo correspondentes á Formación Inicial do Profesorado co obxecto de asegurar que nestes se integre de forma expresa a formación en Educación para a igualdade de mulleres e homes e en Educación para a prevención da violencia de xénero, segundo se indica na lexislación actualmente vixente". Así mesmo, "a incorporar na devandita revisión o diagnóstico do Instituto da Muller e do Consello Escolar do Estado para avaliar e recomendar necesidades específicas", así como "a suprimir a materia de Relixión Católica nos Plans de Estudo correspondentes á Formación Inicial do Profesorado".

Durante a súa intervención, Meijón sinalou que, tanto da Lei de Igualdade coma da Lei de medidas contra a violencia de xénero -ambas as dúas aprobadas polo Goberno Socialista de Zapatero- "se deriva a obrigada incorporación dunha formación específica en ambos os dous campos nos Plans de Estudo da Formación Inicial dos nosos futuros docentes".

A incorporación desta formación específica -explicou- non ten por que ser mediante a creación de novas materias nesta materias, "dado que non sería a primeira vez que a creación dunha materia xustificou a omisión no resto da formación de temas que, como estes, deben ter carácter transversal".

Por iso, considera que "se debe asegurar de forma expresa a integración destas materias nos plans de estudo, pero dende a autonomía universitaria e do seu profesorado". Para iso, Meijón formula que sexa a administración, como axente activo, quen a través do Instituto da Muller e do consello Escolar do Estado realice un diagnóstico e avaliación e en consecuencia as recomendacións precisas sobre como realizar a devandita integración.

Ademais, o deputado socialista pontevedrés sostivo que "eliminar a materia de relixión católica da formación inicial do profesorado non faría outra cousa que recoñecer os grandes cambios producidos na nosa sociedade dende o ano 1979, ano da firma dos Acordos España-Santa Sé, -cunha Constitución recén estreada e en plena Transición- e así nos adecuar con naturalidade á realidade sociolóxica do noso país no momento actual". "Esta é unha postura -incidiu- que está en consonancia coas resolucións congresuales e o compromiso electoral do partido socialista"

Para Meijón "eliminar a devandita materia dos plans de estudo do profesionado é unha realidade de facto na maioría das nosas universidades públicas, e unha actuación máis no camiño de garantir dende as institucións a laicidade constitucional". "Trátase -apuntou- de defender a laicidade positiva do Estado como un elemento consubstancial que casa con cidadanía, con diversidade, con igualdade dende a diferenza, co respecto mutuo e ás distintas crenzas e coa convivencia".

Lamentablemente, a emenda socialista non contou con suficiente apoio parlamentario para ser aprobada.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar