Meijón cualifica o día de hoxe como "día negro para Galicia" polas leis aprobadas no Congreso

Meijón cualifica o día de hoxe como "día negro para Galicia" polas leis aprobadas no Congreso

Meijón cualifica o día de hoxe como "día negro para Galicia" polas leis aprobadas no Congreso

O PP aprobou no Pleno o recorte das pensións, a suba da luz, uns PGE que non fomentarán o crecemento económico e unha Lei de reforma local que ataca as garantías constitucionais da autonomía local

Lamenta que "Feijoo se converterá de novo en cómplice de Rajoy"

O deputado socialista galego Guillermo Meijón considera que as Leis aprobadas hoxe no Congreso converten o día de hoxe en "un día negro para Galicia". Lamenta así que o PP utilizase hoxe o "rolo" da súa maioría absoluta para aprobar diferentes Leis "que prexudicarán enormemente aos cidadáns e especialmente aos de comunidades autónomas como Galicia".

Así, critica que o "pensionazo" aprobado hoxe no Pleno do Congreso polo PP, que supón un drástico cambio no modelo de pensións e o recorte destas, é especialmente prexudicial para Galicia, onde existe un alto índice de poboación envellecida e que conta coas pensións máis baixas de España. "Este pensionazo -incide- desaparecerá cando o PP perda a maioría absoluta, tal e como comprometemos dende o PSOE,"

Do mesmo modo, reproba a aprobación duns Presupostos Xerais do Estado "que en absoluto contribuirán á reactivación económica nin á xeración de emprego e que consolidan os brutais recortes sociais aos que o Goberno do PP somete á cidadanía, especialmente a quen máis o necesita,". "Estes PGE, indica, volven evidenciar a decisión do PP de 'saldar' o Estado do Benestar e os modelos de educación e sanidade públicos, así como o sistema de pensións e de dependencia".

Respecto a Galicia, apunta que "estes PGE non fan senón atrasar de novo infraestruturas estratéxicas" e sinala que "o PP, cos 'galegos' Rajoy e Pastor á fronte, está hoxe moi lonxe de cando reclamaba a AVE a Galicia, o Eixe Atlantico e grandes infraestruturas viarias como á-57". "Do PP, os galegos só recibimos hoxe atrasos e incumprimentos" -afirma.

En canto ao Proxecto de Lei de reforma local que aprobou hoxe o PP no Congreso, Meijón sinala que "é un ataque á garantía constitucional da autonomía local" e critica que "o PP fixo oídos xordos a calquera iniciativa da oposición para mellorar a redacción da Lei, tamén ás defendidas pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). "Con esta Lei do PP- sostén- existe un grave perigo de eliminación dos servizos sociais que se prestan nos concellos ao quedar estes nunha importante situación de indefinición competencial e presupostaria". "Por iso os socialistas anunciamos que presentaremos recurso ante o Tribunal Constitucional e esperamos que ao devandito recurso se sumen os gobernos das CCAA como Galicia". "Lamentablemente, Feijoo converterase de novo en en cómplice de Rajoy" -sostén.

"Para colmo -engade- os cidadáns pagaremos tamén o caos normativo en política enerxética e sufriremos a Lei do sector eléctrico aprobada hoxe polo Goberno". "Con esta Lei, resalta, os beneficiarios do bono social reduciranse á metade ao endurecer os requisitos e o financiamento do bono social xa non a pagarán as grandes eléctricas senón que se cargará ao sistema". "Un novo regalo do Goberno do PP para os cidadáns de todo o país e especialmente para os de Galicia, que é unha comunidade autónoma excedentaria de enerxía eléctrica,".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar