Meijon cualifica a Lei de Convivencia de “lei trampa“

Meijon cualifica a Lei de Convivencia de “lei trampa“

Meijon cualifica a Lei de Convivencia de “lei trampa“

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, cualificou a Lei de Convivencia de Lei trampa co obxectivo de “tapar os dislates de Feijóo coa participación e contra a lingua galega no ensino”. Acusou ao PP de “mirar para outro lado” xa que “non queren resolver o que está a acontecer nos centros galegos”.

O responsable socialista cualificou a Lei de “pastiche” no que “tratouse de incorporar a participación directa do profesorado para limpar os dislates do presidente da Xunta na campaña electoral e tratar de lavarlle a cara”. Criticou que a actitude de Feijóo “fixo preciso crear este marco normativo para amparar un decreto do plurilingüismo que mesmo o Consello Consultivo dixo que facía augas por todas partes”.

Lamentou que a Consellería de Educación “perdeu a oportunidade de consensuar esta norma” ao incorporar o apartado relativo á participación ademais de facela “sen contar coa comunidade educativa e mesmo contra ela”. Criticou que prescindiu do Consello Escolar de Galicia e “renunciou aos consensos e aos pasos básicos da fase de estudo previa e a redacción dun texto final de consenso”.

Meijón lamentou que “non queiran saber absolutamente nada da participación” dos órganos representativos da comunidade educativa, eludindo as súas responsabilidades neste sentido, e criticou que mentres o goberno socialista impulsaba a participación “vostedes queren afogala mediante a restrición de recursos e humanos”.

Criticou tamén que falen de participación “cando en 7 centros de Galicia acaban de restrinxir a participación enganando a pais e nais diante da desaparición do ensino de bacharelato e FP”.

Dixo que “esperaron ás eleccións municipais para suprimilos sen abrir un procedemento de participación das comunidades educativas, sen ter en conta a singularidade dos centros” e impoñendo unha falsa aparencia de normalidade cara ao vindeiro curso, ademais dunha importante redución encuberta de prazas docentes.

Alumnado e profesorado

Meijón salientou que a Comisión aprobou unha emenda socialista para contar co alumnado na elaboración do regulamento de dereitos e deberes, pero criticou a negativa do PP a unha emenda sobre a liberdade de expresión e reunión conforme ás normas dos propios centros.

Criticou a actitude do PP de eludir a súa responsabilidade para elaborar unha norma básica sobre vestimenta “tal e como fixeron coa polémica do hiyab” no que “lavaron as mans como Pilatos”. Advertiu que “se coidan de falar de discriminación por sexo pero borran a discriminación por motivos de carácter relixioso ou por calquera outro motivo”.

O responsable socialista criticou tamén o tratamento do acoso escolar, xa que, mentres aceptan que cando as circunstancias o aconsellan se teña que recorrer a mediadores externos, o PP limítase a que a Xunta “procurará” designalos cando “obrigatoriamente debera poñer os medios para facelo”.

Con relación ao profesorado, sinalou que mentres aceptan unha emenda socialista para garantir o dereito á formación do profesorado “en ningún caso queren comprometer que a Xunta poña os medios e recursos necesarios” negándose a aceptar calquera emenda neste sentido. Deste xeito confírmase a denuncia feita no seu día de que a Xunta tenta de facer unha Lei a custe cero.

Ademais, reclamou que a administración elabore unha normativa básica na recollida de obxectos do alumnado por parte do profesorado “garantindo así os dereitos do alumnado”, tal e como aconsellan os informes xurídicos, co que “tentan que as culpas as leven outros”.

Meijón apuntou que o texto “amosa un descoñecemento importante na resolución pacífica de conflitos” xa que limítase a citar os procesos de conciliación excluíndo toda a gran riqueza de procedementos que se están a levar a cabo en centros galegos que teñen sido premiados a nivel estatal pola súa experiencia neste campo.

Estes centros, explicou, “paradoxalmente con esta Lei non poderían continuar co seu traballo neste sentido”. Ademais, lamentou que “deixen á marxe á inspección educativa” neste apartado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar