Meijón critica que o PP rexeite un plan contra o fracaso e abandono escolar sen aportar un só argumento

Meijón critica que o PP rexeite un plan contra o fracaso e abandono escolar sen aportar un só argumento

Meijón critica que o PP rexeite un plan contra o fracaso e abandono escolar sen aportar un só argumento

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Guillermo Meijón, criticou hoxe que o PP teña rexeitado no Pleno do Parlamento celebrado hoxe unha moción socialista para a posta en marcha dun Plan contra o fracaso e o abandono escolar en Galicia. Meijón criticou que esta proposta teña sido votada en contra sen aportar un só argumento.

Lamentou que “non digan por qué é malo iniciar un programa novo, contar co apoio das demais administracións, dun equipo de investigación do Sistema Universitario, coñecer o mapa do fracaso e abandono escolar ou establecer proxectos singulares para centros específicos que poidan ser aplicados a outros centros despois”. Chamou ao acordo para paliar o fracaso e o abandono abrindo “espazos de encontro” malia “discrepar coa actuación da Consellería”.

Meijón despediuse hoxe como deputado autonómico cunha proposta “absolutamente asumible e complementaria” e que “non colisiona co que está a facer a Consellería actualmente, e tampouco supón un problema orzamentario de altísimo custe”. Neste sentido, replicoulle ao PP que “vostedes din que mais cartos non implican maior calidade, e eu lles aseguro que menos cartos tampouco”.

A proposta presentada hoxe por Meijón e rexeitada polo PP reclamaba da Xunta un Plan integral contra o fracaso e abandono escolar para o seu desenvolvemento no próximo curso. Este pasa pola constitución dun Equipo de Investigación, en colaboración coa Universidade, para identificar os centos educativos con maiores taxas de fracaso e abandono e analizar as súas causas.

A continuación contempla “iniciar un Plan Piloto de actuacións en centros que, en virtude dos estudos realizados, propoña modelos de intervención directa en función das singularidades de cada centro” permitindo a continuación identificar as medidas acaídas e xeneralizalas no sistema educativo público.

Ademais propuxo que este proceso conte coa participación das diversas administracións implicadas na problemática e conte co “consenso e colaboración” dos distintos sectores da comunidade educativa a través do Consello Escolar de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar