Meijón apoia as reivincicacións dos sindicatos e a ANPA contra o peche de 7 institutos

Meijón apoia as reivincicacións dos sindicatos e a ANPA contra o peche de 7 institutos

Meijón apoia as reivincicacións dos sindicatos e a ANPA contra o peche de 7 institutos

Os deputados do Grupo Parlamentario Socialista Jose Luis Mendez Romeu, Xoaquin Fernández Leiceaga, Carmen Cajide xunto co Portavoz de Educación, Guillermo Meijon participaron hoxe en Santiago nunha concentración contra a decisión da Xunta de pechar 7 centros de ensino de Galicia, e que foi convocada pola ANPA e os sindicatos.

Dende o PSdeG-PSOE lembran que rexistraron unha iniciativa na Cámara Autonómica na que esixen á Xunta que manteña as ensinanzas de ESO e bacharelato nos centros IES Manuel Antonio –Vigo-, Politécnico de Lugo, Politécnico de Ferrolterra, Coroso –Ribeira-, A Xunqueira –Pontevedra-, Portovello –Ourense- e Paseo das Pontes –A Coruña-.

Reclaman que a Xunta aprace esta decisión cando menos ata o próximo curso para que as comunidades educativas poidan pronunciarse a través do Consello Galego de FP, a Mesa Sectorial, os Consellos Escolares Municipais e os consellos escolares dos centros afectados para que as medidas “conten co máximo consenso e teñan en conta a singularidade de cada centro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar