Meijón acusa ao Goberno de Feijóo de tentar entorpecer e burlarse das manifestacións dos sindicatos educativos

Meijón acusa ao Goberno de Feijóo de tentar entorpecer e burlarse das manifestacións dos sindicatos educativos

Meijón acusa ao Goberno de Feijóo de tentar entorpecer e burlarse das manifestacións dos sindicatos educativos

O portavoz de Educación, do Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon denunciou que o Goberno de Feijoo pretende “entorpecer” as manifestacións dos sindicatos educativos de Galicia, que hoxe saíron á rúa para amosar o seu rexeitamento a ampliación do horario lectivo imposto polo Xunta. O portavoz de educación fixo estas declaracións no Debate do Pleno do Parlamento sobre o proxecto de Lei de convivencia e participación da comunidade educativa.

Meijon amosou na Tribuna da Cámara un correo electrónico enviado aos centros educativos de Galicia, onte día 27 de xuño, onde se anuncia que xa esta aprobada a citada Lei. Así as cousas o deputado socialista reclamou ao Conselleiro de Educación “que se desculpe ante o Parlamento de Galicia por esta burla”. E preguntou ao responsable autonómico “porque se enviou este correo onte?”. Para Meijon a reposta é clara “querían entorpecer como fora a manifestación de hoxe dos docentes”, insistiu. Nese emprazou ao Conselleiro de Educación “a pedir perdón ao Parlamento, a tódolos galegos e a tódolos docentes de Galicia”.

Sobre a Lei de Convivencia de Galicia afirmou que “viviu un desafortunado proceso no que queda contrastado que o Goberno de Feijoo e de Jesus Vázquez non Goberna coa comunidade educativa, senón que Goberna en contra”. E proseguiu “toda para a escola pero sen a escola, todo para o pobo pero sen o pobo”.

Lembrou tamén que o Consello Consultivo de Galicia deulle "un varapalo" a realización de consultas, e a Asesoría Xurídica da Xunta fixo “unha reprobación en toda regra”, ao sinalar que o “texto non é coherente e que resulta equívoca”.

Clamoroso rexeitamento do Consello Escolar de Galicia

Dixo que as ferramentas do PP para sacar adiante esta normativa “foi o ordeno e mando, dende o despotismo nada ilustrado”, espetou. Asevera ademais que será lembrada sempre “por ter un alto grado de rexeitamento”. E nomeu o Consello Escolar de Galicia que fixo un “clamoroso rexeitamento”, algo que cualificou “cruel e paradoxico”.

Denunciou tamén que dende un principio a Conselleira de Educación “rexeitou iniciar un proceso de participación e de busqueda de acordo, nunca houbo un intento serio por favorecer a participación nun texto tan importante ”.

Dixo que a estratexia do PP “foi a de amparar ao candidato Núñez Feijoo polos seus dislates durante a campaña electoral”. E lembrou as enquisas sobre a lingua galega que obrigou a facer o Presidente Feijoo, coa complicidade Conselleiro de Educación e do actual Secretario Xeral de Política Lingüística, e que contou co varapalo do Consello Consultivo de Galicia, e que tiñan que emendar dalgunha forma.
Por iso Insistiu nas súas criticas e afirmou que o pastiche que presenta o Conselleiro de Educación “so ten coma finalidade lavarlle a cara a Núñez Feijoo”.

Meijón salientou que se aprobou unha emenda socialista para contar co alumnado na elaboración do regulamento de dereitos e deberes, pero criticou a negativa do PP a unha emenda sobre a liberdade de expresión e reunión conforme ás normas dos propios centros.

Lavarse as mans como Poncio Pilatos

Tamén criticou a actitude do PP de eludir a súa responsabilidade para elaborar unha norma básica sobre vestimenta “tal e como fixeron coa polémica do hiyab” no que “lavaron as mans como Poncio Pilatos”. Neste punto o portavoz socialista foi moi critico e criticou que “non aceptaran a emenda que solicita que a administración educativa redacte unha normativa básica que sirva de referencia aos centros educativos, que sirva de marco á regulamentación singular de cada centro”. “Algo podrece no noso país- proclamou- cando a unha nena, o último día de clase négaselle a entrada a aula cos seus compañeiros e compañeiras para recoller as súas notas”, en relación á polémica no colexio de Arteixo.

Profesorado

Con relación ao profesorado, sinalou que mentres aceptan unha emenda socialista para garantir o dereito á formación do profesorado “en ningún caso queren comprometer que a Xunta poña os medios e recursos necesarios” negándose a aceptar calquera emenda neste sentido. Deste xeito confírmase a denuncia feita no seu día de que a Xunta tenta de facer unha Lei a custe cero.

Manifestación en San Caetano

Tralo debate no Parlamento, Meijon Couselo achegouse ás inmediacións de San Caetano, para participar e apoiar as manifestacións dos sindicatos do ensino galegos en contra da política educativa da Xunta. Donde tamén participaron os secretarios provinciais de Educación do PSdeG-PSOE, xunto cun nutrido grupo de asociados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar