Meijón acusa ao Goberno de Feijóo de querer privatizar as cafeterías dos centros de secundaria

Meijón acusa ao Goberno de Feijóo de querer privatizar as cafeterías dos centros de secundaria

Meijón acusa ao Goberno de Feijóo de querer privatizar as cafeterías dos centros de secundaria

O portavoz do Educación do Grupo Parlamentario Socialista reclamou ao Goberno de Feijoo a supresión da Instrucción 1/2011 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de 27 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2011-2012.

Tamén solicitou a reformulación dunha nova Instrucción na que se contemple a creación dunha liña extraordinaria de axudas ao comedor escolar que permita atender en tempo real a aquelas familias que por causas sobrevidas modificaran a súa situación económica aos niveis sinalados pola actual normativa como indicativos para recibir bonificacións totais ou parciais. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular. Cualificou esta orde coma algo “miserable e insultante”.

Na súa intervención preguntou aos representantes do Partido Popular si consideran un acto fraudulento deber 1 euro á administración, si nun momento dado unha familia pase por dificultades económicas e non dispón de diñeiro para afrontar este pago. Nese senso preguntou como cualificarían a actuación da Xunta cando no pasado curso escolar a Consellería de Educación atrasouse 4 meses nos pagos dos comedores escolares ás ANPAS, e insistiu “como lle chamamos a esta actuación, acto criminal?”, espetou.

Meijon dixo que o servicio complementario de comedor escolar é un servicio cada vez máis imprescindible no sistema educativo público cuxa extensión é demandada pola comunidade educativa. Asegura que o Goberno de Feijoo non ten respondido a ditas demandas, nin tampouco á petición de que fora a propia administración educativa quen progresivamente asumira a xestión dos comedores que hoxe en día tramitan as ANPAs e/ou os concellos.

O parlamentario socialista advirte do malestar da comunidade educativa sobre o tratamento que a Xunta de Galicia dálle a este servicio que vese agravado actualmente polo contido da Instrucción 1/2011 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de 27 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2011-2012.

Orde
Subliña que o parágrafo que máis incomoda á comunidade educativa é o seguinte:
Para evitar que se produzan actuacións fraudulentas dos obrigados a pagar o servicio, todas as persoas usuarias do comedor que non estean ao corrente das súas obrigas de pagamento, isto é, que teñan pendente calquera cantidade, por mínima que sexa, deberán ser excluídas do servicio, polo que non deberán figurar nas listas provisionais de usuarios, calquera que sexan as súas circunstancias económicas, persoais, etc. Estas persoas só poderán adquirir a condición de usuarios cando acrediten o pagamento de todas as cantidades que deban, e sempre que o fagan antes da publicación dos listados definitivos. Despois desa publicación, non terán dereito a usar o comedor.

Meijon afirma que resulta absolutamente inadmisible acusar de actuación fraudulenta ao atraso no pago, por minúscula que sexa a cantidade, dunha familia que puidera ter a desgracia de entrar recentemente coa totalidade dos seus membros na situación de paro.

O portavoz de educación reclamou ao Goberno de Feijoo a que cambie esta Orde “porque é un acto de xustiza”. Ademais replicou que a Consellería de Educación deixou sen executar 80 millóns de euros do orzamento.

Bocadillos por sándwich fríos

A maiores o deputado socialista acusou ao PP de querer privatizar as cafeterías dos centros de secundaria de Galicia, para concedelas a grandes empresas do sector no canto de seguir como ata agora con pequenas empresas de cada Concello. “Segundo manifestan os equipos directivos dos centros”, sinalou. Neste punto lembrou que en centros educativos de Galicia déronse bocadillos aos rapaces pola incompetencia e os atrasos acumulados da Xunta, “esto provocara cambiar bocadillos quente por sándwich envasados”, lamentou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar