Meijón acusa ao conselleiro de Educación de “perpetrar un gran atentado contra o sistema educativo público”

Meijón acusa ao conselleiro de Educación de “perpetrar un gran atentado contra o sistema educativo público”

Meijón acusa ao conselleiro de Educación de “perpetrar un gran atentado contra o sistema educativo público”

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Guillermo Meijón, dixo que “a cidadanía galega é consciente de que Feijóo e o conselleiro de Educación están a perpetrar un gran atentado contra o sistema educativo público de Galicia”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Educación no Pleno do Parlamento sobre a situación da FP en Galicia.

Dixo que o conselleiro evidenciou que “a súa presunta aposta polo sistema educativo queda en presunta” logo da diminución do orzamento dedicado á FP –en lugar de consolidala- o abandono do II Plan Galego de FP e a paralización das iniciativas postas en marcha polo goberno socialista. Explicou que a cidadanía é consciente desta situación porque os galegos que perciben a educación como problema, segundo sinala o barómetro do CIS, duplican ao resto do Estado.

Meijón dixo que a pesares de que a crise provoque un aumento dos estudantes de FP a Xunta responde reducindo 215 millóns de euros en dous anos, sendo a segunda autonomía que mais reduce o orzamento en educación. Con estas partidas, explicou, poderían terse feito 50 centros de secundaria, e cos 180 que reduciron en 2011 pagarían a nómina de 3.000 novos docentes.

Criticou que a Xunta “en dous anos non convocou o plenario do Consello Galego de FP”, mentres abandonan as comisións sectoriais e territoriais que teñen que definir qué sectores cumpre potenciar e en qué lugares. Ademais, engadiu, inhabilitaron as partidas dos proxectos de I+D –como por exemplo o programa de FP Plus-, pasando de 300.000 a 20.000 euros, e diminuíron o orzamento das campañas de fomento e difusión da FP nun 90 por cento.

Formación do profesorado

Lembrou que o Executivo autonómico reduciu un 50 por cento o orzamento para formación do profesorado de FP en dous anos, pasando dende os 1,3 millóns de euros de 2009 aos 600.000 actuais, mentres diminúen as axudas ao alumnado de FP para formación en centros nun 50 por cento, o que resulta “tristemente coherente coa baixada do 26 por cento das bolsas universitarias”.

Dixo que “no mellor dos casos a Consellería limítase a desenvolver a lexislación estatal que ademais subvenciona gran parte destas actuacións” e acusou ao conselleiro de “constatar o vacío da Xunta con relación á FP”. Dixo que limítase a seguir a liña de Rajoy “que foi o único ministro do goberno de España que baixou as bolsas á educación no milagre económico de Aznar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar