Meijón acusa á Xunta de ter eliminado a ESO e Bacharelato de sete centros “con nocturnidade e alevosía”

Meijón acusa á Xunta de ter eliminado a ESO e Bacharelato de sete centros “con nocturnidade e alevosía”

Meijón acusa á Xunta de ter eliminado a ESO e Bacharelato de sete centros “con nocturnidade e alevosía”


O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Guillermo Meijón, acusou hoxe á Xunta de ter eliminado as ensinanzas de ESO e Bacharelato “con nocturnidade e alevosía” nos centros IES Manuel Antonio –Vigo-, Politécnico de Lugo, Politécnico de Ferrolterra, Coroso –Ribeira-, A Xunqueira –Pontevedra-, Portovello –Ourense- e Paseo das Pontes –A Coruña-. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para suspender esta decisión e que foi rexeitada polo PP.

Criticou que o Executivo amosou o seu modus operandi con esta decisión, que foi tomada “agochándollela á comunidade educativa”, esperando a que pasaran as eleccións municipais e dentro xa do calendario de verán para dificultar a mobilización do sector. Meijón dixo que a Xunta amosou o seu “desprezo a todo o que teña que ver coa participación e a calidade democrática”.

Dixo que o conselleiro “quere converterse no autocrátor do ensino e gobernar pola escola privada pero sen a escola pública” cunha actitude “de déspota nada ilustrado” carecendo de talante democrático xa que “non contou coa comunidade educativa e desprezou ás nais e pais, aos mestres, ao Consello Escolar de Galicia, ao Consello Galego de FP e aos consellos escolares municipais”.

Acusou ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Educación de buscar “mais ensino privado e menos público” xa que mentres anuncian unha mellora do ensino público absolutamente ficticia esquecen que suprimiron os libros de texto gratuítos e que agora incrementan o seu prezo, reducen as bolsas de FP -nun 50%-, as universitarias -26%-, e reducen o 50 por cento das axudas ás escolas de música e o 35 aos comedores.

O responsable socialista advertiu que a Xunta agocha “unha clara supresión de prazas públicas na ESO e no Bacharelato que sen dúbida irá en contra da calidade educativa, e que os sindicatos calculan entre 150 e 200 prazas docentes que corren grave risco de ser amortizadas”. Isto “por non falar do número de postos escolares que se reducen no ensino público e que no mellor dos casos incrementarán a masificación das aulas”.

Criticou a “actitude autoritaria” amosada pola Consellería de Educación, que “ignora os órganos de participación da comunidade educativa”, como son o Consello Galego de FP, o Consello Escolar de Galicia e a Mesa Sectorial. Lembra que esta decisión foi tomada sen ter finalizado o Mapa Galego de FP, alterando as zonas de escolarización asinadas cos concellos que deberan ser informados polos Consellos Escolares Municipais.

Iniciativa

Meijón reclamou con esta iniciativa a suspensión da decisión de eliminar o ensino de Bacharelato e FP nestes centros trasladando aos rapaces a 14 centros diferentes e levando a cabo unha “redución encu

32641281A

Artigos relacionados

Pechar