Meijón acusa á Xunta de “perverter os obxectivos dos plans de educación” ao primar aos centros concertados

Meijón acusa á Xunta de “perverter os obxectivos dos plans de educación” ao primar aos centros concertados

Meijón acusa á Xunta de “perverter os obxectivos dos plans de educación” ao primar aos centros concertados

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Guillermo Meijón, acusou hoxe ao PP e á Xunta de “perverter os obxectivos dos plans de educación” ao beneficiar de maneira “escandalosa” aos centros concertados fronte aos públicos. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha Proposición non de Lei socialista para garantir a non discriminación do ensino público.

Meijón criticou o “efecto Vázquez” pola deriva de recursos públicos cara o ensino concertado cando “non é o mais necesitado e non ten as taxas mais altas de fracaso e de abandono”. Dixo así que a Xunta discrimina aos centros públicos fronte aos concertados no reparto dos programas educativos, nomeadamente o Proxecto Abalar e o de Centros Plurilingües.

O parlamentario socialista explicou que con esta política a Xunta “incrementa a fenda dixital” ao restrinxir o acceso dos centros públicos a estes programas, cando, dixo, a escola constitúe a única garantía de aceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación do 30 por cento dos nenos e nenas de 10 anos.

Sinalou que a Xunta entregou o programa Abalar ao 45,55 por cento dos centros de primaria concertados fronte ao 18,29 por cento, mentres o programa de Centros Plurilingües beneficiou ao 26,18 por cento de centros da rede concertada fronte a tan só o 5,96 por cento dos públicos.

Acusou ao PP de “aproveitar a crise para cambiar o modelo educativo e facer a escola pública de beneficencia –recortándolle 300 millóns de euros nos orzamentos dende que Feijó asumiu a Presidencia da Xunta- mentres apoian á privada”. Esixiu que o Executivo concentre o apoio “nos centros nos que o fracaso e o abandono teñen un maior grao de incidencia”.

Puntualizou que “non se trata de ir contra a ensinanza concertada, senón de priorizar aqueles centros onde os índices de fracaso escolar e de abandono son máis altos e, xa que logo, precisan contar con máis apoios e recursos materiais e humanos”.

Nin un paso atrás

O responsable socialista advertiu que “non daremos nin  un paso atrás na defensa da escola pública, pero con vostedes perden varios quilómetros” e lembrou o caso do colexio Miraflores -un colexio “que non é para todos”-, de ideoloxía ultraconservadora, que empeza este ano o concerto “e o ano que ven incrementará as unidades”.

Acusou tamén á Xunta de ter aplicado o maior ERE sobre o profesorado da escola pública, xa que “quedan 1.080 prazas de docentes xubilados das que non sabemos nada” mentres sube o número de alumnos matriculados. Esta cifra, explicou, é o resultado das 1.351 xubilacións en primaria e secundaria menos os 27 interinos que serán contratados e outros 244 profesores que accederán por oposicións.

Engadiu que a Mesa Sectorial, o Consello Escolar de Galicia e o Parlamento “estamos a esperar a que por unha vez, en lugar de descalificar e manipular a realidade, aporte datos veraces e transparentes, cando non o fai por algo será”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar