Meijón acusa a Wert de "poboar de concertinas o sistema educativo, con Rajoy como cómplice e avalista, cortando o futuro dos nosos fillos e fillas"

Meijón acusa a Wert de "poboar de concertinas o sistema educativo, con Rajoy como cómplice e avalista, cortando o futuro dos nosos fillos e fillas"

Meijón acusa a Wert de "poboar de concertinas o sistema educativo, con Rajoy como cómplice e avalista, cortando o futuro dos nosos fillos e fillas"

Todos os grupos da oposición, agás UPyD, súmanse á reprobación do PSOE ao ministro de Educación

Os socialistas rexeitan a LOMCE e esgrimen "6.367 millóns de razóns para esta reprobación, unha por cada euro furtado ao sistema educativo"

"Wert encargouse de poboar de concertinas o sistema educativo, con Rajoy como cómplice e avalista; coitelas que cortan o futuro dos nosos fillos e fillas, os seus dereitos e expectativas", denunciou hoxe, no Congreso, o voceiro adxunto do Grupo Socialista en Educación, Guillermo Meijón.

O PSOE propuxo -por segunda vez, en pouco máis dun ano- a reprobación do ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, porque -como explicou o deputado socialista- "non" fixo máis que continuar, corrixidas e aumentadas, as súas políticas en contra da educación e a cultura desta país".

Meijón criticou a LOMCE -que mañá será aprobada definitivamente co único voto a favor do PP- "unha lei transmitida dende o ordeno e mando, cuxo único mérito foi concitar o consenso en contra de toda a comunidade educativa e de todos os grupos da cámara menos o PP,".

Unha lei -proseguiu- "ideolóxica, regresiva, segregadora e excluínte, que inverte os papeis da nosa rede educativa, colocando a concertada en primeiro termo e poñendo a pública como subsidiaria", o que -alertou- "dá patente de corso ao financiamento público dos centros que segregan por sexo".

E que ademais -continuou- vai en contra do actual modelo competencial e da convivencia das linguas" e "pretende españolizar e recentralizar como elemento de confrontación".

"Un desatino xurídico e unha chapuza pedagóxica", cualificouna Guillermo Meijón, "cuxa última guinda foi o vergonzoso exercicio de improvisación coas matemáticas de quita e pon", que -sinalou- ignorou mesmo "as luces de alarma" "dentro do seu propio partido".

Contra o fracaso e o abandono, "as súas receitas son máis catecismo, menos recursos e maquillaxe estatística", criticou o deputado socialista, para quen, non obstante, "o máis inmoral da súa xestión foron as medidas para rematar coa maior fortaleza do noso sistema educativo: a equidade e igualdade de oportunidades".

A política educativa do PP supón "unha volta atrás" para un país que, "con esforzo e traballo de investimento", pasou de enfrontarse a un alto nivel de analfabetismo a ser "o país no que os fillos e fillas dos traballadores teñen máis posibilidades de alcanzar un título universitario". "E iso rénxelles, moléstalles por ideoloxía", censurou.

Por iso, "Wert volve poñer revalídalas, elimina as axudas para os libros de texto, provoca unha suba de taxas, elimina as bolsas como dereito e endurece os requisitos para acceder a estas, recorta docentes, e tratou de asestar un golpe mortal ás bolsas Erasmus", enumerou o deputado socialista.

"Hacer máis con menos é a súa frase favorita para esconder, tras unha suposta eficiencia, o seu verdadeiro obxectivo: levar a escola pública á condición de escola de beneficencia", reprochoulle ao ministro.

6.367 millóns de razóns para esta reprobación

Guillermo Meijón esgrimiu tamén "6.367 millóns de razóns" para esta reprobación, unha por cada euro furtado ao sistema educativo", ao que sumou "os millóns que supoñerá o seu compromiso de rebaixar o gasto educativo ao 3,9% do PIB, unha renuncia a 25 anos de esforzo neste país,".

En suma -dixo- "millóns de hilillos de plastilina cos que queren cubrir de chapapote á educación pública. Unha marea negra contra a educación á que furtan a súa condición de servizo público. Unha marea negra coa que queren tapar os seus desmandos". Fronte a ela, apoiou "a marea verde de pais, docentes, estudantes, sindicatos, partidos e cidadanía, para que a escola pública sexa de todos e de todas, para que este país teña futuro, porque non hai futuro sen educación,".

Na súa intervención, o deputado socialista reprochou tamén ao ministro "a súa xenreira ao sector da cultura", os recortes "que poñen serio perigo a súa viabilidade" e a suba do IVE cultural ao 21%, "un tiro de graza ao mundo cultural ao que teñen vostedes en permanente estado de sospeita, entre cella e cella," dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar