Meijón acusa a Feijóo de “castigar” ás familias coa redución das axudas para libros de texto coa "falacia do aforro"

Meijón acusa a Feijóo de “castigar” ás familias coa redución das axudas para libros de texto coa "falacia do aforro"

Meijón acusa a Feijóo de “castigar” ás familias coa redución das axudas para libros de texto coa "falacia do aforro"

Guillermo Meijón, acusou a Feijóo de “castigar de novo” ás familias galegas coa redución das axudas para libros de texto de primaria. Criticou que o presidente da Xunta “persista na falacia do aforro” para este novo recorte de dereitos.

Meijón dixo que o presidente da Xunta “aproveita a crise para recortar dereitos”, xa que o sistema de gratuidade universal posto en marcha polo goberno socialista –e paralizado polo PP- era un 25 por cento máis barato que o sistema actual, que ademais só concede libros gratuítos a 4 de cada 10 alumnos. Considera “intolerable” que Feijóo “se empecine en manter o sistema de axudas reducindo aínda máis as súas prestacións”.

Explicou que “cada día semella máis evidente a fatalidade” desta decisión para a sociedade en xeral e para a comunidade educativa en particular, xa que “eliminaba un programa que afondaba no dereito a unha educación pública, universal e gratuíta, suprimindo a gratuidade dos libros de texto a 6 de cada 10 alumnos e alumnas”.

Engade que “as políticas educativas antisociais do presidente da Xunta resultan cada día máis evidentes”, e nomeou a redución dun 26 por cento nas bolsas universitarias, a diminución dun 50 por cento nas axudas para as prácticas no traballo en FP ou a redución das axudas aos libros de texto coñecida hoxe. Lamentou que Feijóo adopte “as decisións contrarias ao incremento das políticas sociais necesarias en tempos de crise”.

O responsable socialista sinalou que “o mesmo acontece cando Feijóo ordena votar na Cámara autonómica en contra das iniciativas socialistas para abrir as liñas de bolsas de axuda aos parados que desexan retornar aos estudos, ou para que poidan continuar cos seus estudos os fillos e fillas que lamentablemente teñen aos seus proxenitores en paro”.

Engadiu que a fórmula dos gobernos de dereitas aproveita o “eslógan” de “facer máis con menos” para castigar á parte da sociedade que peor o está a pasar nos tempos de crise económica como o actual”.

Meijón comprometeu que o PSdeG-PSOE continuará defendendo unha educación pública, universal, gratuíta e de calidade, polo que anunciou novas iniciativas parlamentarias para solicitar a recuperación do sistema de préstamo de libros de texto e a apertura de bolsas para os estudantes que máis sufran a crise económica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar