Meijón acusa a Educación de renunciar a elaborar un verdadeiro plan contra o abandono escolar

Meijón acusa a Educación de renunciar a elaborar un verdadeiro plan contra o abandono escolar

Meijón acusa a Educación de renunciar a elaborar un verdadeiro plan contra o abandono escolar

O responsable de Educación do PSdeG, Guillermo Meijón, criticou a "nova demostración de publicidade e propaganda" da Consellería de Educación, en relación ao acto "orquestrado" por José Luis Mira sobre os Programas-Contrato, presentados na provincia de Pontevedra. Acusou á Consellería de “renunciar a elaborar un verdadeiro Plan contra a problemática do abandono escolar”.

Meijón felicitou en primeiro lugar “a todolos centros educativos que, co seu tesón e bo facer, acadaron a súa incorporación nesta liña de traballo aberta pola Consellería”.

O socialista advertiu das pretensións da Consellería de Educación “de buscar únicamente no voluntarismo dos docentes, e da comunidade educativa, a solución para os problemas de facaso e abandono escolar do noso sistema educativo público”.

Dixo que a Consellería de Educación “negouse en sede parlamentaria a crear un grupo de investigación formado por expertos, que permitira determinar as zonas e centros educativos de urxente actuación en materia de facaso e abandono educativo, o que permitiría priorizar recursos e actuacións alí onde fora máis necesario”.

A maiores acusou á Consellería de Educación “ de ocultar sistemáticamente que moitos dos recursos económicos que leva utilizando correspondense con programas diseñados por un Ministerio de Educación socialista”. Nese senso puxo como exemplo o programa PROA, para Reforzo, Orientación e Apoio, programas diseñados dende a óptica dunha educación compensatoria e favor de incrementar as condicións de equidade e igualdade no sistema educativo.

Apuntou que esta vertiente de educación compensatoria atende a quen máis precisa de axuda, e puntualiza “e para que non que quede ao albur dun voluntarismo docente que non podemos menos que loar, pero que en ningún caso pode ser a solución determinante”.

Lamentou tamén que en centros problemáticos, que precisarían imperiosamente destes programas e axudas, “os docentes non poden implicarse por falta de recursos materiais e humanos”.

Por último, reclamou ao Goberno de Feijoo “comprometerse como administración cos centros e zonas educativas que máis precisan de apoios e recursos, tanto materiais como humanos para afrontar as problemáticas de facaso e abandono escolar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar