Medo no PP a facer un estudo sobre a viabilidade nas "PP-Fusións" de concellos

Medo no PP a facer un estudo sobre a viabilidade nas “PP-Fusións” de concellos

Fusión Cerdedo CotobadeA responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, sinalou hoxe o “medo” do PP a aprobar unha moción socialista para pedir un “estudo serio” sobre a viabilidade das fusións de concellos que poida poñelas “en cuestión”. Así o dixo durante o debate da proposta socialista no Pleno do Parlamento de hoxe, que foi rexeitada polo Grupo Popular.

A responsable socialista criticou que o goberno incentive a fusión de Cerdedo e Cotobade, e antes a de Oza e Cesuras, cun “único criterio partidista”, evidenciando o que son “PP – fusións máis que unións de concellos que permitan mellorar a súa situación”. Criticou así que a fusión pivote unicamente sobre o feito de que os concellos estean gobernados polo PP, sen outro criterio real, o que fai das unións algo “literalmente absurdo”.

A falla dun estudo sobre os concellos limita a súa fusión a mero voluntarismo político, como evidencia que no caso de Cerdedo e Cotobade “os veciños e mesmo algúns concelleiros do PP enteráronse pola prensa o día que o conselleiro de Presidencia deu a noticia”.

Advertiu que a situación social, demográfica e económica dos concellos anticipa que en menos dunha xeración “volveremos a estar na mesma situación na que se atopan hoxe”. Explicou que o único criterio de aumentar a poboación total duns concellos envellecidos e despoboados fai que “si cada un perdeu 1.000 habitantes dende os anos 90, o que teremos é que en outros 15 anos perderán 2.000 habitantes mais”.

Moción

Os socialistas galegos reclamaron que a Xunta presente un estudo de reordenación da planta local que poida ser utilizado como base para as iniciativas de fusión ou cooperación supramunicipal, e que analice as características socioeconómicas e demográficas, os niveis de servizos e administrativos ou a potencial integración en áreas socioeconómicas concretas.

Tamén solicitou recomendacións sobre as integracións ou cooperación de diferentes concellos para mellorar os servizos para a poboación ou calquera outra fórmula que permita unha planificación racional do mapa municipal de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar