Medio Rural "ou descoñece ou dalle o mesmo" a situación dos agricultores afectados pola seca, as xeadas e o pedrazo desste ano

Medio Rural "ou descoñece ou dalle o mesmo" a situación dos agricultores afectados pola seca, as xeadas e o pedrazo desste ano

Medio Rural “ou descoñece ou dalle o mesmo” a situación dos agricultores afectados pola seca, as xeadas e o pedrazo desste ano

A deputada socialista Noela Blanco esixiu hoxe “medidas reais” para que o goberno galego apoie aos agricultores galegos, sinaladamente de Ourense, afectados pola seca, as xeadas de abril e o pedrazo de agosto. Blanco presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento celebrado hoxe para reivindicar axudas eficaces “para axudar aos afectados no epicentro do desastre agrario”.

A responsable socialista, que compareceu cunha camiseta co lema “Zona Cero da sequía” que aos gandeiros non lles deixaron lucir no salón de Plenos, denunciou que o goberno galego “ou descoñece ou lle da o mesmo” a situación destes profesionais. Criticou as medidas insuficientes anunciadas polo goberno galego e reivindicou actuacións eficaces para salvar unhas explotacións que “corren o risco de arruinarse e desaparecer”.

Criticou que o goberno galego limite a aprobación de axudas ás datas con eleccións autonómicas, como as axudas directas aprobadas para a Ribeira Sacra en setembro de 2016, e reclamoulle á conselleira que “salga do seu despacho e se poña a traballar” porque “nós descartamos sacar á Virxe da Cova para que chova”.

Advertiu que ó sindicato Unións Agrarias ten cifrado en máis de 14,5 millóns de euros as perdas para os viticultores derivadas das xeadas de abril e do pedrazo de agosto, mentres a castaña perdeu 1,5 millóns de euros polos mesmos fenómenos.

Criticou que a conselleira non tivera ata hoxe “a intención de reunirse cos representantes dos gandeiros, agricultores e viticultores” máis alá de “facerse unha foto en Santiago con dous alcaldes da provincia anunciando axudas para zonas concretas lonxe de concellos afectados como Ribadavia, Valdeorras ou a montaña oriental de Ourense.

Censurou que as axudas para o fomento da contratación de seguros están “lonxe de ser a solución” ao problema mentres a banca non abra o crédito para estes profesionmais quje “carecen de ingresos”, que para devolvelos necesitan acadar maiores ingresos, o que “non poderá ser así” ante o desastre que anticipa a seca.

Ademais, dixo, as axudas para contratar seguros “son tan miserables que nalgúns casos non chega nin a unha axuda de dous euros”, mentres desbotan aprobar liñas de crédito do Igape especiais para estas persoas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar