Medio Rural admite ter asinado un convenio por 170 millóns sen vontade de cumprilo

Medio Rural admite ter asinado un convenio por 170 millóns sen vontade de cumprilo

Medio Rural admite ter asinado un convenio por 170 millóns sen vontade de cumprilo

157vacaO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe o “fraude e engano” da “política de publicidade e propaganda” do goberno galego. Así o dixo durante unha pregunta na Comisión de Agricultura, sobre o convenio de 170 millóns para impulso dos plans de zona das zonas rurais, asinado en 2012 co Goberno central cando a Xunta sabía que o incumpriría.

O responsable socialista criticou así a resposta do director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, quen dixo que o convenio fora asinado tendo claro que a Administración tiña outras prioridades e non era posible levalo a cabo por cuestión de dispoñibilidade orzamentaria. O convenio foi revocado cunha execución do 5 por cento logo do incumprimento do compromiso orzamentario pola Xunta.

Pablo García explicou que o acordo establecía que o Ministerio de Agricultura e o Goberno galego poñerían cada un a disposición 17 millóns ao ano entre 2012 e 2016, ata sumar 170 millóns de euros -85 cada unha das administracións- que foron “desprezados pola Xunta”. O Goberno central foi quen denunciou o incumprimento do convenio por parte do goberno galego, co que finalmente foi revocado.

O deputado socialista sinalou que “alguén lle debería ter dito ao presidente naqueles días que non se viñera arriba e que o convenio era mentira, que non se podía cumprir e que non se desenvolvería, xa que tan só se trataba da precampaña de Arias Cañete como candidato para as eleccións europeas”.

Requeriulle ao goberno galego que “logo de varios almorzos tanto aquí en Santiago de Compostela, como en Madrid, para dar publicidade ao convenio, innumerables presentacións de propaganda e as frases rimbombantes do propio presidente da Xunta, cando menos agora cumpriría unha nota dicindo que todo aquilo non era verdade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar