Medio Ambiente e Territorio, a "Consellería María" do Goberno galego

Medio Ambiente e Territorio, a "Consellería María" do Goberno galego

Medio Ambiente e Territorio, a "Consellería María" do Goberno galego

BugalloO portavoz de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, tildou hoxe a Medio Ambiente e Ordenación do Territorio como a “Consellería María” do goberno galego. Así o dixo na presentación dos orzamentos deste departamento para o próximo ano, no que xestionará 254 millóns de euros, “menos do 2,5 por cento do total”, un euro de cada 40.

Sánchez Bugallo advertiu que “non se toma en serio ou non se lle da importancia” a este departamento, que queda reducido a “unha ridiculez dende o punto de vista do gasto”. Explicou que “si retiramos os fondos comunitarios finalistas e a recadación polo canon da auga”, o que evidencia que o goberno galego destínalle “apenas 108 millóns de euros á Consellería, pouco mais do 1 por cento dos recursos propios que xestiona a Xunta”.

O responsable socialista considera unha “tomadura de pelo” que o goberno galego destine apenas 93.000 euros ao desenvolvemento das Directrices de Ordenación do Territorio e ao Plan do Litoral. Lembrou que o goberno galego continúa sen facer “ningún plan de desenvolvemento” de dúas normativas fundamentais para o desenvolvemento territorial cinco anos despois da súa aprobación.

Sinalou ademais que o urbanismo tan dedicará 15 millóns de euros en total, mentres a elaboración dos plans básicos de acordo coa Lei do Solo recibirán apenas 250.000 euros, co que “non é crible o desenvolvemento” destas figuras. Lembrou ademais que o goberno galego “incumpre o compromiso de que deban ser aprobados por iniciativa municipal”.

Sánchez Bugallo apuntou que o goberno galego reduciu nun 70 por cento os orzamentos destinados a urbanismo dende o ano 2009 e un 40 por cento dende 2012, pasando de 51 a uns escasos 15 millóns de euros previstos para o ano 2016, un 2,4 por4 cento menos que en 2015.

Unha situación semellante acontece no apartado medioambiental da Consellería, por canto o control medioambiental e de xestión de residuos pasou de 23 a 14 millóns entre 2012 e 2016, e a planificación e xestión hidrolóxica descendeu dende os 47 millóns orzamentados no ano 2013 aos 39 previstos para o próximo ano.

Advertiu da ausencia clamorosa do saneamento das rías galegas, con partidas apenas testemuñais que “non resolverán nada ou no mellor dos casos non terán un avance significativo”. O mesmo sucede co saneamento hidrolóxico, que padece o “problema habitual con Augas de Galicia”, mentres os investimentos sofren unha “porcentaxe de execución moi baixa”.

O deputado socialista criticou ademais a xestión dos residuos sólidos urbanos, que se teñen reducido nun 11 por cento pero, puntualizou, en boa parte “corresponde á redución de consumo pola crise e o feito de que hoxe sexamos menos galegos que hai seis anos”.

Sánchez Bugallo sinalou a absoluta falla de compromiso co medio ambiente por parte do goberno, como evidencia que dos 105 millóns de euros que hoxe xera Sogama, “tan só 5 corresponden á reciclaxe” e os 100 restantes proceden da xeración de enerxía pola incineración e ás aportacións dos cidadáns a través do canon, o que contrasta cos 400.000 euros previstos para apoio e fomento da reciclaxe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar