Protección para o camiño real de Vilar de Fraga, ameazado por un campo de tiro olímpico

Protección para o camiño real de Vilar de Fraga, ameazado por un campo de tiro olímpico

Protección para o camiño real de Vilar de Fraga, ameazado por un campo de tiro olímpico

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, urxiu hoxe á Consellería de Cultura a adoptar con urxencia medidas cautelares para a protección dos camiños históricos que transcorren por Vilar de Fraga –Laracha- ameazados pola construción dun campo de tiro olímpico. A responsable socialista presentou unha pregunta neste sentido na Comisión de Cultura celebrada hoxe.

Burgo lamentou a pasividade demostrada pola Dirección Xeral de Patrimonio, que logo dunha visita puntual dun técnico ao lugar, quere agardar á que se presenten solicitudes de informes urbanísticos para comezar a investigar. Advertiu que esta situación pode provocar que “daquela xa non haxa camiño que protexer”, e acusounos de “agardar a que non exista camiño que protexer para realizar a investigación”.

A responsable socialista advertiu que nesta zona hai un camiño real do XVIII e indicios da Vía XX de orixe romana. Sen embargo, precisamente a falla de investigación por parte do goberno galego supón que non estean protexidos por non estar catalogados nin inventariados, polo que son vulnerables ás actuacións urbanísticas.

Lembra que o propio catedrático de Urbanismo Carlos Nárdiz Ortiz alertou da necesidade de protexer o tramo no encontro sobre as vías romanas organizado polo Consello da Cultura este mesmo ano.

Reclamou así unha investigación a fondo “máis alá dunha visita puntual” por parte dos técnicos da Consellería á que aludiu Patrimonio, xa que “se fora tan fácil descubrir unha vía romana xa estaría descuberta”. Apelou ademais a remitirse á documentación do “catastro de ensenada”, onde están catalogados os camiños reais e que “un especialista podería atopar documentación do século XVIII en media hora”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar