Medicina nuclear para Lugo

Medicina nuclear para Lugo

Medicina nuclear para Lugo

A deputada socialista Concepción Burgo acusou hoxe ao presidente da Xunta de “castigar” aos lugueses e luguesas ao negarlles a posta en marcha da unidade de Medicina Nuclear no Hospital Lucus Augusti, en contra do seu compromiso. Burgo presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que urxe a posta en marcha do servizo a pleno rendemento en 3 meses.

Burgo acusa ao goberno galego de “incumprir as súas promesas e non dar ningunha explicación”, aludindo tanto á falla do servizo de Medicina Nuclear como ao funcionamento “a medio gas” de radioterapia e hemodinámica. Advirte que o seu “empecinamento en contra da provincia” provoca que “centos de lugueses e luguesas teñan que ir á Coruña para facer probas de patoloxías moi graves”.

Con respecto á Medicina Nuclear, sinala, “todo indica que, de novo, este goberno do PP vai incumprir as promesas feitas aos cidadáns e cidadás da provincia de Lugo poñendo en perigo as súas vidas e non garantindo a igualdade de dereitos entre toda a cidadanía”. Sinala que “xa non se pode demorar máis o cumprimento das promesas” e considera “absolutamente necesario” a dotación do HULA “cos servizos e tecnoloxías necesarias”.

Lembra que o propio Feijóo anunciara a adxudicación da tecnoloxía necesaria en maio de 2015, así como a solicitude dos permisos ao Consello Nacional de Seguridade Nuclear en xullo do mesmo ano. Ao mesmo tempo, unha resposta parlamentaria de novembro anunciaba a superficie reservada para radioterapia e medicina nuclear, as dúas “preparadas para a súa entrada en funcionamento á vez en canto cheguen os equipos”.

A deputada luguesa sinala que “parece deducirse que non están os equipos adxudicados ou que a Consellería realmente non pediu permiso ao Consello Nacional de Seguridade Nuclear”, xa que o servizo continúa sen estar en marcha. De feito, sinala que a Xunta vén de abrir hai escasas datas unha unidade de radioterapia no HULA, aínda que “con cinco anos de retraso e só cun acelerador de partículas dos dous comprometidos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar