Medicación urxente para enfermos de hepatite C

Medicación urxente para enfermos de hepatite C

Medicación urxente para enfermos de hepatite C

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe a PP e goberno que habiliten a dispensación urxente do medicamento que demandan os doentes de hepatite C en estadio avanzado. A responsable socialista comprometeuse a presentar a proposta reclamada polos representantes da Plataforma de Afectados que se reuniron cos grupos parlamentarios hoxe no Parlamento.

Acuña reclamou así que o goberno galego garanta o acceso inmediato destes doentes á medicación prescrita polos seus médicos. Hoxe necesitan o tratamento urxente en torno a 3.000 persoas en toda Galicia que padecen os estadios mais avanzados dunha enfermidade que afecta a 30.000 persoas nesta Comunidade Autónoma.

A responsable socialista apoiou as demandas trasladadas pola Plataforma de Afectados pola Hepatite C, que reclama a dispensación destes fármacos para os doentes en risco grave e para os que “non dispor do antiviral supón claramente unha sentenza de morte”, tal e como remachou o seu portavoz, Quique Costas.

Acuña lembrou que o tratamento cura ao 95 por cento dos casos dunha enfermidade que padecen 30.000 galegos e galegas, dos que se estima que morren cada ano 500. Sinalou que a propia ex ministra de Sanidade, Ana Mato, anunciara en Galicia que o tratamento sería aplicado a partires de outubro, sen que teñan comezado a 9 de xaneiro.

Reclamoulle unha “mensaxe de esperanza” para os milleiros de galegos e galegas que padecen esta enfermidade e que “non entenden por qué” o goberno non inviste os seus orzamentos cando “hai xa ata 3 medicamentos que, si se aplican, -os doentes- viven”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar