Medalla de Ouro de Galicia póstuma para Ceferino Díaz

Medalla de Ouro de Galicia póstuma para Ceferino Díaz

Medalla de Ouro de Galicia póstuma para Ceferino Díaz

O PSdeG-PSOE amosou a súa gran satisfacción pola concesión da medalla de Ouro de Galicia póstuma ao compañeiro socialista Ceferino Díaz, falecido o pasado 23 de decembro, en resposta ao requirimento transmitido polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez.

Pachi Vázquez, en nome dos socialistas galegos, sinala que este galardón constitúe “unha xusta homenaxe en agradecemento á contribución do compañeiro Cefe á construción da identidade democrática de Galicia, que demostrou a través dunha fonda traxectoria política, e á calidade humana dun dos piares do socialismo galego”.

Sinala que “os socialistas galegos queremos recordalo como un compañeiro bo e xeneroso, que impulsou a autonomía de Galicia dende o seu traballo sempre comprometido con esta Comunidade Autónoma, á que representou como deputado logo das primeiras eleccións autonómicas, e que traballou e loitou polo socialismo e polo galeguismo ata o último día”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar