Mato debe explicar si as axudas irregulares foron destinadas a financiar ao PP

Mato debe explicar si as axudas irregulares foron destinadas a financiar ao PP

Mato debe explicar si as axudas irregulares foron destinadas a financiar ao PP

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle hoxe á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, explicar si as axudas irregulares concedidas pola súa Consellería desveladas pola Operación Zeta foron destinadas a financiar ao PP. Así o dixo durante a comparecencia da conselleira na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

A responsable socialista reclamoulle á conselleira que explicara por qué non apartou dos postos aos cargos do seu departamento unha vez que a policía iniciou as investigación e por qué non iniciou unha investigación interna para depurar responsabilidades. Finalmente, esixiulle que explique “por qué seguiron concedendo as axudas a pesares de coñecer a investigación”.

Carmen Gallego lamentou que a conselleira sexa actualidade por ser citada nos sumarios da investigación como presuntamente vinculada ao financiamento irregular do PP, é dicir, “por algo que non ten nada que ver coa loita contra o desemprego”. Criticou que “intenten desviar a atención vertendo tinta de calamar dicindo que impulsaron a investigación cando a realidade é que foron os traballadores os que iniciaron o proceso”.

Dixo que “queremos comparecencias e documentos, queremos explicacións e non mais mentiras” xa que a transparencia, puntualizou, “é a única maneira eficaz de loitar contra a corrupción da que vostede é protagonista e da que debe dar explicacións”.

Orzamentos tramposos

Gallego interveu na comparecencia da conselleira para presentar os orzamentos do seu departamento para 2015, que considera “tramposos, opacos e inútiles para resolver os problemas das persoas do noso país”. Gallego desmentiu que 8 de cada 10 euros sexan destinados a gasto social, cando a realidade é que pasaron de destinar o 70,4 por cento de 2009 ao 65,9 por cento en 2015, un total de 6.447 millóns de euros.

Acusou á conselleira de desatender a loita contra o desemprego, cando a Xunta pasou de investir 2.500 euros por parado e ano co goberno socialista en 2009 a tan só 679 euros en 2015. Ademais, dixo, Galicia ten 95.600 parados mais e 151.200 ocupados menos, co que “resulta pouco crible que cun descenso tan brutal nos orzamentos, mais parados e menos ocupados sexan capaces de facer algo para loitar contra o desemprego”.

Dixo que a Xunta destina cada ano menos orzamentos á creación de emprego e mais ao pago da débeda pública, que pasou de pagar 393 millóns anuais –o 6,8 por cento do PIB- aos 1.515 millóns de euros –o 18,2 por cento do PIB- para amortizar unha débeda que ascende xa a 10.500 millóns de euros. “Endebédase Galicia –dixo- pero non se resolven os problemas principais das persoas no paro e en risco de exclusión”.

De acordo cos últimos datos da EPA, Galicia ten 258.300 pardos, 95.600 mais dende que Feijóo é presidente, que provocou o incremento do 59 por cento do paro e situou a Galicia como a terceira Comunidade Autónoma na que mais medrou o desemprego. Ademais, o número de fogares con tódolos seus membros en paro aumentou un 100 por 100, ata os 87.800 e obrigan aos mozos e mozas a emigrar para buscar traballo.

Dependencia

Gallego criticou que a Xunta queira vulnerar os dereitos dos dependentes utilizando a Lei de acompañamento dos orzamentos, que fará que as resolucións que non se respondan sexan automaticamente negativas, ademais de acurtar o prazo de resolución de 6 a 3 meses. Esixiu explicacións por esta nova redacción dun dos apartados da Lei de Servizos Sociais que a Conselleira non quixo aclarar.

Dixo que a Xunta deixa no “limbo” a 18.000 dependentes cos dereitos recoñecidos pero sen cobrar prestación algunha, mentres volve facer as avaliacións para rebaixar as axudas de forma sistemática.

Os orzamentos do próximo ano son, engadiu, “absolutamente insuficientes” á hora de atender ás persoas en risco de exclusión, xa que logo de ter incrementado a pobreza nun 20 por cento e aumentar o número de familias sen ningún tipo de ingreso ata as 33.000 en toda Galicia, a Xunta só garante a atención a 9.900 personas, deixando a “mais de 22.000 familias de galegos e galegas absolutamente sen nada”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. raul
    Outubro 31, 2014 a 23:10

    “Mato debe explicar si as axudas irregulares foron destinadas a financiar ao PP”

    Non existe a conxunción “si” en galego.

    Debe ser:
    “Mato debe explicar se as axudas irregulares foron destinadas a financiar ao PP”

    Corrixan, por favor.

    Un sáudo.

Deixar a resposta

Pechar