Materialmente imposible cumprir coa normativa de inspección de equipos fitosanitarios

Materialmente imposible cumprir coa normativa de inspección de equipos fitosanitarios

A deputada socialista Noela Blanco alertou hoxe que a falla de previsión demostrada pola Consellería de Medio Rural e a descoordinación absoluta co Ministerio fai “materialmente imposible” cumprir co Decreto que regula as inspeccións dos equipos de aplicación de fitosanitarios. Así o dixo no debate dunha pregunta socialista sobre o incumprimento da normativa comunitaria pola Xunta.

A responsable socialista alerta que o desleixo do goberno galego expón aos agricultores galegos á imposición de “importantes sancións económicas”. Lembra que en Galicia hai máis de 9.500 equipos que teñen que ter a inspección superada antes do 26 de novembro e que só hai unha unidade de inspección localizada en Bergondo, e as móbiles están por debaixo da súa capacidade.

Criticou que o goberno galego confirmara hoxe que carece dun plan local e comarcal cos emprazamentos dos centros nos que pasar as inspeccións, co que “o goberno galego desenténdese e obriga aos agricultores a asumir uns desprazamentos e sobrecuste que non lles corresponde” para cumprir coa normativa.

Blanco censura a “falla de previsión” da Consellería para cumprir unha normativa “importante tanto dende o punto de vista da prevención de riscos laborais como dos criterios medioambientais esixidos pola UE” e que “de ser incumprida podería acarrear graves sancións para a nosa comunidade”.

Os socialistas galegos reclaman a posta en marcha dunha campaña de difusión para “dar a coñecer esta normativa aos agricultores, así como que se presente un plan de inspección a nivel local e comarcal como xa teñen presentado outras comunidades autónomas”.

Ourense

A deputada socialista alerta da situación “especialmente preocupante” na provincia de Ourense e “en concreto na Limia, unha comarca cuxa principal actividade é agrícola”. Este pasa por ser o concello máis afectado polas inspeccións, con 747 equipos rexistrados, seguido de Verín -265-, Valdeorras -146-, Ribeiro -124-, Allariz – Maceda, con 82, Terra de Caldelas -29- e Carballiño -27-.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar