Marra reclama un rexime fiscal que incentive a contratación nos estaleiros en igualdade cos demais membros da UE

Marra reclama un rexime fiscal que incentive a contratación nos estaleiros en igualdade cos demais membros da UE

Marra reclama un rexime fiscal que incentive a contratación nos estaleiros en igualdade cos demais membros da UE

A senadora socialista por Pontevedra, Angeles Marra, reclamou no Senado un réxime fiscal que incentive a contratación nos estaleiros españois en condicións de igualdade cos demais membros da UE. Tamén solicitou un grande acordo que garanta a viabilidade e a competitividade do sector coa colaboración e coordinación do Goberno, a comunidade autónoma e do concello da cidade xunto coas restantes institucións e organizacións empresariais, sindicais e sociais

Marra formulou unha pregunta na sesión de control parlamentario do Senado ao Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, dirixida a coñecer o estado actual das negociacións que o Goberno está a manter coa Unión Europea para a urxente implantación dun novo sistema de arrendamento fiscal para buques.

A parlamentaria do PSOE iniciou a súa intervención subliñando que o sector naval de Galicia é un sector estratéxico de vital importancia para a economía do país e afirmando que a principios de 2011 os estaleiros privados de Galicia, localizados principalmente na ría de Vigo, representaban o 55% da construción de buques en España e daban emprego, directa e indirectamente, a preto de 10 000 traballadores, conformándose nun sector forte e relevante no tecido empresarial e industrial de Galicia.

Marra asegurou que se trata dun sector, o da bisbarra de Vigo, cun alto grao de especialización e competitividade que está a incidir na construción de buques máis sofisticados e complexos, que lidera proxectos e construcións offshore e dá mostra da capacidade que ten neste momento de converterse nun dos principais referentes do naval na Unión Europea.

Non obstante, é un sector que, a pesar de que nos últimos anos soubo adaptarse aos novos tempos, neste momento se encontra nunha situación crítica como consecuencia de que nos seus estaleiros non se formalizan novos contratos e entre os seus empregados non hai carga de traballo. Neste punto, a senadora por Pontevedra explicou que o principal problema que está a paralizar a contratación de buques é a suspensión pola Comisión Europea do sistema de arrendamento fiscal, ou o xa coñecido tax lease.

Dende o seu bloqueo, puntualizou, os estaleiros españois son os únicos da Unión Europea que carecen dun réxime fiscal que incentiven a contratación. Desta forma, os graves prexuízos que esta medida está a levar adiante son de tal gravidade, en termos de caída de actividade e perda de emprego, que pode levar a ocasionar un dano irreparable no tecido industrial da bisbarra de Vigo.

A senadora acusou o Ministro Soria de non contestar á súa pregunta e de manter a mesma indefinición e inseguridade ao respecto. "Faltan datos, sinalou, non se concreta a data de posta en marcha do novo réxime nin a porcentaxe de bonificacións e é urxente adoptar un novo sistema, pero non a calquera prezo".

"É necesario, concluíu, que se incorporen incentivos" á contratación" "en condicións de igualdade co resto dos membros da UE". Tamén é imprescindible a colaboración e a máxima coordinación con vontade política e co esforzo conxunto do Goberno do Estado, da comunidade autónoma e do concello da cidade xunto coas restantes institucións e organizacións empresariais, sindicais e sociais para alcanzar un grande acordo que garanta a viabilidade e a competitividade do sector".

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. maria
    Marzo 28, 2012 a 16:15

    Leemos

Os comentarios están pechados.

Pechar