Marra acusa ao Goberno de non ofrecer ningunha solución para frear a nova emigración laboral e reclama medidas urxentes

Marra acusa ao Goberno de non ofrecer ningunha solución para frear a nova emigración laboral e reclama medidas urxentes

Marra acusa ao Goberno de non ofrecer ningunha solución para frear a nova emigración laboral e reclama medidas urxentes

Apunta que xa saíron 700.000 españois do noso país dende o inicio da crise e aclara que a reforma laboral acelerou o ritmo de destrución de emprego no noso país especialmente entre os máis novos

Propoñía unha moción para estudar a fondo o fenómeno da emigración, pedir ao Executivo que implementar políticas activas de emprego e de atención aos desempregados para evitar a marcha de miles de españois e que adopte medidas de medio e longo prazo que aborden esta eiva social da nova emigración

A senadora do PSOE por Pontevedra, Ángeles Marra, acusou onte á ministra Fátima Báñez de non ofrecer ningunha solución para frear a dramática emigración de miles de cidadáns que se están a ver obrigados a abandonar o noso país por motivo da crise e en busca dunha oportunidade laboral e reclamou medidas urxentes para frear este fenómeno. Neste sentido, defendeu unha moción que foi rexeitada debido ao voto en contra do Grupo Popular que conta con maioría absoluta na Cámara Alta.

Marra insistiu en que o titular da carteira de Emprego non fai ningún esforzo para axudar aos desempregados na súa busca dun traballo digno en España, para frear a fuga de cerebros, para que os nosos cidadáns non vivan en situacións denigrantes e de indiferenza fóra das nosas fronteiras e, ademais, non promove ningunha medida para favorecer o retorno con garantías.

A parlamentaria do PSOE apuntou que a Ministra e o Goberno non queren recoñecer a realidade dunha crecente e nova emigración de españois, que partiron ao exterior en busca de emprego e que non contan cun sistema de apoio institucional de protección no país ao que decidiron emigrar e que abundan na precariedade laboral e económica, na exclusión social e na irrelevancia.

A continuación, detallou que son máis de 700.000 españois os que saíron do noso país por motivo da crise. Só dende o primeiro semestre de 2013 fixeron as maletas para emigrar ao estranxeiro preto de 40.000 españois segundo o último dato do INE. "Son un 26,3% máis que no anterior semestre e un 53,6% máis que no mesmo período de 2012 cando emigraron 37.432 e 25.835 españois respectivamente", apostilou.

Ángeles Marra sinalou que a reforma laboral acelerou o ritmo de destrución de emprego no noso país especialmente entre os máis novos, cunha taxa de desemprego que supera o 54% e que sitúa a España á cabeza do desemprego xuvenil na zona euro. E que malia esta situación, o Partido Popular queira suprimir o Consello da Xuventude de España que é o garante da participación dos mozos no desenvolvemento político, social, económico e cultural de España.

Tamén indicou que o PP deixou de lado as políticas activas de emprego que son inexistentes, que diminúen un 46%, é dicir, 3.549 millóns menos que en 2011, cando hai máis de 1.130.000 parados dende que goberna o Partido Popular. Ademais, dende a chegada de Mariano Rajoy á Moncloa, a partida dedicada a accións a favor da emigración reduciuse nun 38%, preto de 44,5 millóns de euros en comparación ao último presuposto aprobado por un Goberno socialista en 2011.

Marra sinalou que a consecuencia palmaria desta situación é a descapitalización, a perda de capital humano, a de homes e mulleres que constitúen a xeración mellor formada da nosa historia, na que o Estado investiu millóns de euros e á que con este Goberno se aboca a un país cada vez máis pobre. "É unha sangría absoluta, puntualizou, un desarraigamento e unha traxedia particular para miles de emigrantes que deixan atrás familias, amigos e un proxecto de vida no noso país,".

Tamén mostrou a súa indignación pola decisión do Executivo do PP de eliminar a prestación sanitaria dos parados aos que se lles rematase a prestación e que decidan pasar fóra do noso territorio máis de 90 días. Neste punto, preguntou os populares " como poden votar en contra doutra das medidas que se formula nesta moción, como é manter dereitos básicos aos emigrantes cando regresen ao noso país de forma temporal ou permanente? Ou é que acaso vostedes consideran que non son igualmente españois? É que acaso consideran xusto que por estar fóra do noso país máis de noventa días ao ano, sen traballo, perdan ademais o seu dereito á prestación sanitaria? ".

Ademais, a parlamentaria do PSOE criticou que "tendo o PP a oportunidade de votar a favor desta moción e de que se elimine o voto pregado na emigración, decidiu rexeitala. Marra lamento que o PP non queira favorecer a participación política dos emigrantes e un garante de democracia básica e que aposte polo voto pregado.

Por último, a senadora galega recrimino ao PP que non asuma as súas responsabilidades e matizo que "é a nosa obriga e a nosa responsabilidade asegurar o futuro aos nosos cidadáns e garantirlles un mundo mellor. Somos nós os que temos que analizar as súas causas e establecer medidas que eviten a nova emigración. Somos os que temos que formular medidas, articular solucións para freala, para garantir un emprego digno" aos nosos cidadáns" "no noso país".

Neste sentido, detallou que a moción ía dirixida a recompilar, elaborar e difundir información obxectiva, actualizada e de calidade que permita coñecer e avaliar correctamente este fenómeno da nova emigración no noso país. A través desta proposta tamén se propón ao Goberno implementar políticas activas de emprego e de atención aos desempregados no noso país en prol de evitar unha nova emigración económica e de que se respecten os dereitos laborais que se alcanzaron neste país durante moitos anos. Por último, reclamou ao Executivo que adopte medidas de medio e longo prazo que aborden esta eiva social da nova emigración que está a vivir o noso país.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar