Marisol Soneira censura o “esperpento” da Xunta ao organizar unha solta de salmóns debaixo dun vertido descontrolado no río Anllóns

Marisol Soneira censura o “esperpento” da Xunta ao organizar unha solta de salmóns debaixo dun vertido descontrolado no río Anllóns

Marisol Soneira censura o “esperpento” da Xunta ao organizar unha solta de salmóns debaixo dun vertido descontrolado no río Anllóns

Marisol Soneira considera “unha falla de respecto sen precedentes” este anuncio do conselleiro de Medio Ambiente e Territorio, precisamente o responsable da inspección medioambiental

salmónsA deputada socialista Marisol Soneira cualificou de “esperpento” a solta de salmóns organizada no río Anllóns polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para mañá mércores “xusto debaixo de onde Cereo verte a caño libre as súas augas residuais”.

A parlamentaria da Costa da Morte considera este acto “unha falla de respecto sen precedentes” por parte precisamente do conselleiro responsable de conceder os informes de impacto medioambientais. Pregúntalle á Xunta “se isto forma parte da nova filosofía de facer mais con menos ou si se pode considerar un caso de maltrato animal”.

Soneira anunciou unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2014 para que a Xunta constrúa unha estación de augas residuais en Cereo –Coristanco-, que trate e dea solución aos vertidos incontrolados que esta parte do concello bergantiñán arroxa ao río Xallas.

Propaganda

Censurou este “acto de propaganda e autobombo” dun conselleiro que “en lugar de procurar solucións aos graves problemas de contaminación existentes en determinados tramos do Anllóns, retrátase utilizando crías de salmón como coartada para agochar a súa carencia total de medidas que impidan a contaminación no principal río de Bergantiños”.

Lembrou que este río verte directamente no estuario do Anllóns, na súa xunqueira e zona marisqueira, e de onde se capta auga para o consumo humano e para as explotación agrarias de moitos dos núcleos de poboación asentados á súa beira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar