María Quintas: “Votar PSdeG é votar progreso e crecemento fronte as políticas de recorte e mentira do Partido Popular”

María Quintas: “Votar PSdeG é votar progreso e crecemento fronte as políticas de recorte e mentira do Partido Popular”

María Quintas: “Votar PSdeG é votar progreso e crecemento fronte as políticas de recorte e mentira do Partido Popular”

A candidata socialista pola provincia de Ourense, María Quintas, afirmou que “votar PSdeG é votar progreso e crecemento” polo que pediu aos cidadáns “que aposten polo cambio, polo futuro, polo PSdeG e non polas políticas do recorte e da mentira do PP”. “Temos ilusión, ganas e determinación para pilotar este cambio cunha maioría de progreso”, proclamou.

Así o dixo no acto de pegada no que estivo acompañada polo resto de integrantes da candidatura, ademais de militantes, simpatizantes e demais cargos orgánicos e institucionais do PSdeG, e no cal defendeu que “Galicia e Ourense necesitan un cambio, un cambio que ten ser que impulsado pola cidadanía para dicirlles basta a Rajoy e a Feijoo, pero tamén para dicirlle basta a Baltar a as súas baltaradas”.

A candidata lembrou que “ o cambio é posible, como foi posible na cidade de Ourense grazas ao apoio de todos vos, por iso que se queremos podemos, e queremos”.

Ademais Quintas advertiu que “todos aqueles cidadáns que apoien ao PP estarán a apoiar todas as políticas restritivas e de desaceleración económica que solo nos levarán a máis paro, máis pobreza e menos dereitos” e contrapuxo que “o apoio ao PSdeG supón apoiar a escola e a sanidade pública, as pensións, a prestación por desemprego, o equilibrio territorial é dicir, apostar por futuro”.

Pola súa banda, Raúl Fernández aseverou que “Galicia e Ourense necesita un goberno que se preocupe pola súa cidadanía, pero sobre todo un goberno que diga a verdade, que non minta, que non engane aos cidadáns como fan os goberno do PP”. “A Feijoo no lle preocupan os problemas da súa xente, a Feijoo solo lle preocupan os problemas de Feijoo”, advertiu.

Por isto, avogou por “un goberno de progreso que entenda este país, que crea nel e que trate a Galicia e a provincia de Ourense co respecto que merecen”. “Estes 15 días traballaremos para convencervos cun proxecto, cun programa, cun equipo e con outro xeito de face políticas neste pais”, finalizou o candidato.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar