María Quintas advertiu que “cada vez que Feijoo ven a Ourense, ven a mentirnos”

María Quintas advertiu que “cada vez que Feijoo ven a Ourense, ven a mentirnos”

María Quintas advertiu que “cada vez que Feijoo ven a Ourense, ven a mentirnos”

A candidata socialista pola provincia de Ourense, María Quintas, sentenciou hoxe que “Feijoo cada vez que se achega a nosa provincia, ven a mentirnos, ven con propostas e proxectos que logo non son reais, e aos feitos me remito, en 3 anos de goberno non licitou, nin proxectou ningunha infraestrutura, nin ningún servizo novo.” “Feijoo non aposta por Ourense nin polos ourensáns, nin en xeral por nada que teña que ver coa nosa provincia”, denunciou.

María Quintas fixo estas declaracións en Ourense, onde estivo dando un mitin na asociación de veciños de Oira, e no cal estivo acompañada pola concelleira de Participación Cidadá do Concello, María Devesa.

Deste xeito Quintas reiterou que “non hai ningún proxecto que fora licitado ou proxectado polo goberno de Feijoo, ningún. Todos son herdanza do goberno socialista da Xunta”. “Feijoo non pode vir a inaugurar aquilo que non lle corresponde”, sentenciou.

A candidata asegurou que “o PP e Feijoo menten de xeito sucio, menten cando din que non van a tocar as pensións, menten cando din que non queren privatizar a sanidade, e polo momento xa hai que pagar as mamografías e a ambulancia. menten candi din que a sanidade non é sostible, e sen embargo queren regalarlla aos empresarios, e si os empresarios a queren será por que da diñeiro, porque é un bo negocio”.

Neste senso Quintas asegurou que “ao PP non lle interesa manter os servizos públicos de calidade e Feijoo por moito que esconda as siglas e esconda a Rajoy, todos sabemos que valida as políticas de Rajoy de recortes sanitarios, de recortes en educación, de recortes en dependencia, en definitiva aproba claramente o recorte de dereitos aos cidadáns”.

Quintas asegurou tamén que “menten cando din que creen no futuro de Ourense e de Galicia, porque o futuro dun país é a educación, que eles queren dilapidar coa súa política de recorte. Non lles interesa que os nosos rapaces e o nosos xóvenes poidan ter unha educación gratuíta e de calidade”. Así destacou que “as únicas medidas adoptadas polo PP en educación foron eliminar a gratuidade dos libros de texto, subir as taxas universitarias, reducir o número de profesores e masificar aulas, pero iso si destinan tres millóns de euros a centros concertados segregacionistas”.

A candidata asegurou que “a crise non a temos que pagar os traballadores, nin os enfermos nin os xóvenes a costa dos nosos dereitos, e os socialistas o sabemos. Sabemos que da crise se pode saír conservando os pilares básicos do estado de benestar”. “Temos un proxecto para gobernar Galicia, porque nos si creemos que temos un país con oportunidade”, finalizou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar