Manter todas as oficinas de Rexistro Civil de Galicia abertas

Manter todas as oficinas de Rexistro Civil de Galicia abertas

Manter todas as oficinas de Rexistro Civil de Galicia abertas

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias para esixirlle ao goberno galego o mantemento de todas as oficinas do Rexistro Civil que existen en Galicia. A responsable socialista compareceu co “número dous” da sección de Xustiza de UGT Galicia, Manuel Díaz, para presentar as demandas ao goberno galego.

Vilán advertiu que o remate da prórroga de seis anos da Lei 20/2011 do Rexistro Civil, tomada para adecuar o rexistro civil ás novas realidades, rematará co goberno galego “mudo, calado, parapetado detrás dunha mesa” e poñendo en risco 231 das oficinas do Rexistro Civil de Galicia. Os socialistas galegos reclaman o compromiso do goberno galego de manter todas as oficinas tal e como están na actualidade.

Sinalou que o rexistro civil “ha de ser público, gratuíto, preto á cidadanía, desxudicializado, coa mesma estrutura actual, tendo aos xulgados de paz como unidades colaboradoras, cun servizo informático actualizado e que atenda a todo o territorio”.

A responsable socialista acusou ao presidente do goberno, coa conivencia de Feijóo, de utilizar a reforma da Lei para “primar aos rexistradores e notarios fronte ao resto dos funcionarios” ao darlles as competencias sobre os expedientes de nacionalidade e matrimoniais. Isto provoca disfuncionalidades e retrasos de ata 3 anos no caso das solicitudes de nacionalidade, que rematan co regreso dos inmigrantes aos seus países.

Os socialistas galegos presentaron unha serie de iniciativas recollendo as demandas do sindicato UGT dirixidas a manter todas as oficinas que existen na actualidade e reverter ao rexistro civil as competencias sobre os rexistros cedidas a rexistradores e notarios sobre os expedientes de nacionalidade e matrimoniais.

Artigo 20

O representante de UGT, Manuel Díaz, lembrou que Galicia conta con 45 partidos xudiciais e 276 xulgados de paz, e que coa nova Lei na man estarían en risco 321 oficinas do rexistro civil, de non garantilas modificando a redacción do artigo 20 da Lei do Rexistro Civil.

Aludiu á entrevista que mantivo o sindicato co ministro de Xustiza no pasado mes de marzo, na que lles explicou que a norma deixa nas mans das comunidades autónomas a distribución dos rexistros civís, cun mínimo dunha oficina por cada 500.000 habitantes, o que deixaría ata un máximo de “sete ou oito” para toda Galicia.

O sindicato reclama a modificación do dito artigo para garantir de novo “a lo menos unha oficina para cada termo municipal”, como estaba regulado na anterior Lei, que se remonta aos anos 50, e que está actualmente en vigor ata que remate a moratoria da nova norma.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar