Manipulación na CRTVG

Manipulación na CRTVG

Manipulación na CRTVG

Os deputados socialistas na Comisión da CRTVG alertaron hoxe fronte ao posible incremento da manipulación informativa no ente. Criticaron as explicacións do director xeral do ente ao novo organigrama dos servizos informativos aprobado a semana pasada, logo de que dixera que os cambios responden a que “todo vai ben”.

Así o dixo a deputada Noela Blanco, que no transcurso do debate dunha iniciativa socialista lembrou as “gravísimas acusacións” contra a manipulación informativa nos medios públicos de comunicación feitas dende o Comité de Empresa ou dende o Colexio de Xornalistas.

Na súa opinión, dixo, “só ten dúas explicacións: ou que considere que todo vai ben é que haxa manipulación informativa ou que todo vai ir a peor e que vai incrementar esa manipulación”. O parlamentario socialista Luis álvarez dixo pola súa banda que “eses cambios poñen en evidencia que as cousas non funcionaban ata o momento como querían”.

O portavoz socialista na Comisión de Control da CRTVG presentou unha iniciativa parlamentaria para reclamar a reapertura das delegacións deste medio público pechadas tanto dentro como fora de Galicia, e que prexudican á calidade da programación. Lembrou que a día de hoxe continúan pechadas Pontevedra e Ferrol, ademais de ter abandonada a apertura da delegación de Burela.

Tamén reclamou a recuperación das delegacións de Bruxelas e Oporto en condicións de ofrecer unha cobertura informativa de calidade, logo dun peche xeneralizado de delegacións que o ente aínda non restaurou, e que provocou o desprazamento constante de traballadores doutras delegacións.

O Agro

Pola súa banda, a parlamentaria Noela Blanco presentou unha pregunta oral na que advertiu do esmorecemento paulatino do espazo informativo O Agro, que pasou de contar con 5 traballadores a ter hoxe só 2 a tempo completo, mentres as emisións cada vez redúcense máis.

A parlamentaria socialista acusou ao máximo responsable do ente de buscar “suprimir o programa da grela, deixalo cada vez con menos osíxeno ata que un día, sen darnos conta, desapareza da programación da TVG”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar