Manipulación histórica nas visitas ao Pazo de Meirás

Manipulación histórica nas visitas ao Pazo de Meirás

Manipulación histórica nas visitas ao Pazo de Meirás

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, participou hoxe na visita institucional da Comisión de Cultura do Parlamento ao Pazo de Meirás para “constatar que limitan a visita ao mínimo do mínimo” e, advertiu, “realizan unha lamentable manipulación histórica” ao obviar a presenza de Franco no inmoble.

Logo da visita, dixo, explicou que “son os Franco os que mandan facer o relato” para centrarse no papel de Emilia Pardo Bazán “coma se Franco nunca estivera aí”. Subliñou que “dona Emilia construíuno e é unha parte fundamental, pero tamén forma parte da historia do corrupto réxime franquista”.

Así, sinalou que a visita ao inmoble declarado Ben de Interese Cultural, que se realiza apenas 4 días ao mes, resulta “moi curta” e ademais céntrase nos xardíns e apenas no hall de entrada e dúas salas ao seu carón.

Burgo acudiu a esta visita como “símbolo, para demostrarlle á cidadanía que ten dereito a solicitar a visita ao Pazo, vítima do expolio absoluto aos cidadáns galegos por parte da familia Franco”. Dixo que as visitas “parece ser que se están regularizando dende que o denunciamos os socialistas hai meses”.

A parlamentaria socialista anunciou que esixirá que se abra tamén no mes de agosto, cando non se realizan visitas “porque vén a familia Franco a facer a portada do Hola dende onde insultan a tódolos galegos e galegas”.

A responsable socialista defendeu que o Pazo “reverta de novo na cidadanía”, xa que foi “resultado do expolio de fondos conseguidos a través de ameazas e do medo” para construír unha casa “na que viviu un ditador responsable de milleiros de mortos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar